miércoles, 14 de enero de 2015

15º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

Durante os vindeiros meses desenvolveranse as actividades da programación das XX Xornadas arredor da Camelia, que coma sempre terán de protagonista esta planta que é xa o símbolo do concello.

No marco destas xornadas, contamos un ano mais co Concurso de Pintura Infantil da Camelia, que se organiza con fin de dar a coñecer e poñer en valor esta planta e as súas flores entre a poboación máis nova do concello e da comarca.

…...BASES  :

Poderán concorrer todos os nenos e todas as nenas da nosa autonomía de entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorías:
A: de 3 a 6 anos
B: de 7 a 9 anos
C: de 10 a 12 anos

Cada concursante poderá presentar unha única obra, con soporte en cartolina ríxida ou material similar e en tamaño A4.

O tema a tratar será “A Camelia”.

A técnica a empregar será libre, recomendándose as ceras, témperas, acuarelas, rotulacións, lapis de cores, etc.

Na parte de atrás do traballo figurarán o nome   completo do autor ou autora, enderezo, número de teléfono, idade e centro escolar.

Os traballos terán que entregarse na Casa do Concello antes do 10 de febreiro de 2015, no seguinte enderezo:
Concello de Vedra
Avda. Mestre Manuel Gómez, 1
15885 Vedra ( A Coruña)


O xurado estará formado por membros da Asociación Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes.  O fallo do xurado darase a coñecer na semana previa ás Xornadas arredor da camelia e publicarase na paxina web do concello www.concellodevedra.com e no blog vedraconecta.blogspot.com.

  Haberá  un  1º, 2º e 3º premio para cada categoría.

Todos os traballos presentados a concurso serán expostos en Santa Cruz de Ribadulla o día 22 de febreiro con motivo das Xornadas arredor da camelia.

10º A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar en Santa Cruz de Ribadulla o día 22 de febreiro.

11º Todas as persoas participantes pola súa mera presentación aceptan integramente as bases deste concurso.

12º A organización reservase  o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.



Información:
vedraconecta.blogspot.com
teléfono: 981814691


martes, 13 de enero de 2015

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE TRAXES DE XENERAIS


A partir do 3 de febreiro comezará este obradoiro de elaboración de traxes de xenerais, que combinará o saber da costura e a tradición.

CALENDARIO:
Martes e xoves de 16 a 18.30 h


Para participar chama ao 981 814 691 ou escribe a cultura@concellodevedra.com

INICIACIÓN Á SERIGRAFÍA

OBRADOIROS 15885
CURSO DE SERIGRAFIA

O colectivo 15885 continúa a ofertar os seus obradoiros ... esta vez é Isabel Albela a que che propón “Iniciciación á Serigrafia”
CALENDARIO: Do 17 de xaneiro ao 20 de febreiro os sábados de 16 a 20 h
PREZO: 100 € / materiais incluídos

Últimos días para inscribirte no 981 814 691 ou en cultura@concellodevedra.com