viernes, 1 de junio de 2012

LUVAS VERDES

Se eres unha persoa concienciada e preocupada polo medio que te arrodea este é o teu programa.


Actividades.


Martes 5 de Xuño: DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente teremos unha xornada de portas abertas no PUNTO LIMPO, que consiste en que todos os que queiran ver as instalacións e o funcionamento deste equipamento se poidan acercar ata alí onde se lle resolverán as dudas que se plantexen.
Tamén se organizan obradoiros para grupos de nenos e nenas con actividades relacionadas co mundo da reciclaxe e da reutilizacion. Para esta actividade é preciso inscribirse chamando ao concello.

Sábado 16 de xuño: A LIMPAR VEDRA.

Saída polos camiños e montes do noso concello para celebrar unha xornada de limpeza do medio. Facemos un chamamento a todos aqueles interesados, ás asociacións de veciños, asociacións de todo tipo e grupos de amigos para que nos axuden nesta campaña de limpeza Verde.

Se estás interesado podes colaborar ou tomar parte das PATRULLAS VERDES de varias formas:
  • Localizando ou inventariando un  lugar ou espazo que estea sendo utilizado de vertedoiro incontrolado e notificándonolo no concello, ou
  • Participando nas PATRULLAS VERDES , como voluntario ambiental e axudando na limpeza destes vertedoiros.
Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa súa limpeza  preténdese minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno, e elimina-lo hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo en ditos lugares.
Se queres apuntarte e tomar parte neste programa, ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.


No hay comentarios:

Publicar un comentario