martes, 26 de junio de 2012

Primeira saída " A Limpar Vedra"

O pasado sábado día 16 de xuño tivo lugar a primeira saída de  “A limpar Vedra” do programa LUVAS VERDES.

A experiencia foi positiva xa que a colaboración veciñal foi excelente, tanto por parte dos veciños como por parte das asociacións do concello que sinalizaron e comunicaron os puntos críticos susceptibles de limpeza e control.

Para esta primeira xornada xuntáronse tres grupos de voluntarios que saíron a traballar polo concello, un grupo en Santa Cruz, outro en Vedra e outro en San Xián.

O grupo de Santa Cruz reuniu un grupo de 6 voluntarios que traballaron  na limpeza da contorna do Campo do Coto; o grupo de Vedra formado por 10 voluntarios saíu a traballar na estrada que vai dende O Terrón a San Fins e no monte da Cruz;  e o de San Xián, conformado por 20  voluntarios da  Asociación “So lles falta falar” fixo un percorrido polos camiños e os montes desa parroquia.
Os resultados foron sorprendentes en canto ao volume de lixo recollido; dos vertedoiros recuperados rescatáronse un gran numero de rodas e botellas de vidro ao tempo que se encheron moitos sacos de botellas e bolsas de plástico.

Os voluntarios participantes nesta primeira experiencia xa están a falar de novas saídas para este verán, dadas as boas sensacións adquiridas nesta primeira xornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario