martes, 26 de junio de 2012

Xornadas "Vedra Turística"

O Concello de Vedra está a organizar unhas xornadas sobre o turismo baixo o nome de “Vedra Turística” que se atopan asentadas en 3 obxectivos:
- Concienciar á veciñanza e ó sector hosteleiro sobre o traballo conxunto a desenvolver para acadar unha rendabilidade económica, cultural, social e natural entorno ó turismo.
- Favorecer a reciclaxe  dos profesionais da hostelería do municipio.
- Crear un grupo de “monitores turísticos” para o acompañamento e guiado de visitas.

Estas xornadas serán fundamentalmente prácticas realizándose “in situ”, en empresas relacionadas co sector (hostelería, produtores...) e en puntos de interese turístico do concello.

Programa:

Xoves 28 de xuño ás 17:00 h.                                                                    

Tema: ”Promoción turística e atención ó visitante”
Intervén: Mónica Justo (Técnica en Turismo)

Venres 29 de xuño ás 17:00 h.                                                                   

Tema: ”Guiado de grupos e interpretación de recursos turísticos”.
Unha forma de potenciación dos produtos e servizos que ofrecen as nosas empresas turísticas.
Intervén: Patricia Furelos (Guía Profesional)

Lugar: Centro de Formación Municipal (Casa da Estación do Tren-Sta. Cruz de Ribadulla) e establecementos e puntos de interese turístico.

Para máis información e reserva de prazas: 981 814695 – 981 814612

No hay comentarios:

Publicar un comentario