martes, 21 de agosto de 2012

150 participantes na Ruta de San Xoán da Cova

Este  sábado, día 18,  tocoulle o turno ao Concello de Vedra e case 150 participantes percorreron a ruta de San Xoán da Cova, unha ruta especialmente bonita que transcurre ao longo do río Ulla, dende a Área recreativa de Cubelas ( San Pedro de Sarandón) ata a Capela de Gundían en Ponte Ulla. Ao longo do traxecto contemplamos: a Ponte colgante de Ximonde, recén inaugurada, a Estación Ictiolóxica de Ximonde , a Casa museo da pesca, a Área recreativa de Agronovo, as barcas do Ulla,  o muiño de Reboredo, a antiga ponte do ferrocarril, a nova ponte do AVE, a Vía da Prata, a Capela de Gundián, o mirador, etc, etc.
A saída tivo lugar ás 10.00 h da Área recreativa de Cubelas e ao remate, un autobús trouxonos de novo a este punto.  Achégase foto feita antes da saída con parte dos participantes.
Ao remate da ruta houbo unha comida de confraternidade servida pola pulpería Juan Guerra, na  Área recreativa de Cubelas (punto de saída) na  que participaron 76 persoas das que fixeron a ruta.
A singular beleza das paraxes polas que transcurre a ruta e o bo tempo axudaron a que fose un rotundo éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario