lunes, 24 de septiembre de 2012

Andaina canina



Seguindo co  programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove,  desenvolveuse este domingo, 23 de setembro, en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, unha ruta de sendeirismo, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.

Esta novedosa proposta buscaba combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que este concello preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do  municipio.

Nesta nova inciativa participaron participaron medio cento de persoas , máis da metade acompañados das súas mascotas. A xornada transcurriu con normalidade a pesares de que a climatoloxía non animaba á participación, aínda que salvo ao comezo da ruta e xusto ao remate, nos que a chuvia e o vento restaron brillosidade ao evento, o resto estivo seco e cunha temperatura óptima para o percorrido.

A saída foi ás 10.00 h do mirador de Gundián, na parroquia vedresa de Ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurreu ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzou o núcleo de Ponte Ulla, onde veciños e vendedores dos postos da feira (que se celebra cada 4º domingo do mes) se viron sorprendidos ao paso dos cans. Continuou polo muiño de Reboredo e seguiu a carón do río Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata chegar á área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.

Ao remate parte dos sendeiristas compartiron comida na parroquia de San Miguel de Sarandón e os comentarios versaban sobre a beleza, o coidado e a singularidade da ruta, que animaron aos participantes a repetila.

A actividade cos cans foi coordinada por unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.

As persoas  participantes cos seus cans necesitaron facer unha inscrición previa no concello onde recibiron unha serie de pautas para  facilitar a organización da actividade.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario