miércoles, 10 de octubre de 2012

NOVO PARQUE BIOSAUDABLE


A Asociación de Veciños de Santa Cruz de Ribadulla co financiamento do Programa Leader Galicia 2007-2013, xestionado polo GDR Terras de Compostela, levou a cabo un proxecto consistente no acondicionamento dun espazo natural na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla destinado a área recreativa, paseo e instalación de parque biosaudable, coa finalidade de mellorar a calidade de vida e benestar dos veciños.

Os obxectivos das actuacións son entre outros:

- Recuperación  e posta en valor dun espazo de gran beleza e patrimonio natural. Mellora do medio ambiente e da contorna rural.

- Fomento do uso social, educativo e recreativo dun espazo natural.Recuperación, mediante a conservación e tratamento de elementos naturais (árbores autóctonas, recuperación do entorno do regato, flora e fauna, ....)

- Este proxecto contribuirá á mellora da calidade de vida da zona,  e fomentaranse hábitos saudables ao aire libre, nun espazo de gran valor natural. Incremento do valor engadido do territorio e dos establecementos e centros turísticos mediante a recuperación de espazos paisaxísticos.

- Interacción e socialización entre os usuarios das instalacións. Mellora social de todos os colectivos de usuarios destas instalacións, mediante a socialización, relación interxeracional, hábitos saúdables, actividades que se organicen, contacto coa natureza en familia ou en grupo de amigos/veciños,…

 

No próximo boletín municipal ampliarase a información sobre este novo espazo de lecer do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario