martes, 27 de noviembre de 2012

Rastriño de segunda man


Éxito da Semana da Ciencia 2012


 O Concello de Vedra ven de celebrar esta pasada fin de semana os últimos actos dunha nova edición da súa  Semana da Ciencia que nesta ocasión adicou ás enerxias e desenvolvemento sostible, aproveitando que a ONU ten declarado este ano, 2012, como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

O actos que comezaron  cunha exposición elaborada polo CSIC titulada A enerxía móvenos, que tivo lugar no CPI de Vedra, continuaron cunha conferencia a cargo de Rosa Núñez, técnico do INEGA no Centro sociocultural de Vedra, o martes 20 de novembro, quen disertou sobre Enerxía e desenvolvemento sostible.

Vedra en ciencia 2012, continuou o sábado 24 cunha  charla- coloquio a cargo de Javier Vilas Giadanes (Xefe de Proxectos en Enerxías Renovables) sobre as Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética. Seguidamente presentouse o documental elaborado polas persoas maiores co título “Enerxía Sostible no Fogar”.




O domingo 25 celebrouse a Feira da Ciencia, que nesta ocasión presentaba como temática as enerxías renovables e todas as súas posibilidades. Foi esta unha iniciativa educativa que mobilizou a 217 escolares que participaron cos seus traballos, superando todas as expectativas iniciais. Ademais esta Feira reuniu tanto aos protagonistas e creadores dos proxectos coma aos pais e nais que gozaron das exposicións dos pequenos e aos mestres e mestras dos diferentes centros que se achegaron ata o Pavillón Municipal, no que se xuntaron máis de 350 persoas, o que fala do enorme éxito da convocatoria.

Despois da exposición de todos os proxectos da Feira da Ciencia ante as persoas asistentes e o xurado (que polo elevado número de traballos presentados tiveron que  dividirse en dous equipos, un para avaliar as categorías de infantil e primaria e outro para os de secundaria) foi o turno do grupo de teatro do CPI de Vedra que representaron “O Enterro da Bombilla”, obra creada para a ocasión representando a substitución das lámpadas tradicionais polas led, tal como establece a normativa para a partir deste ano.

Para finalizar e como broche de ouro deuse a coñecer o veredicto do xurado e repartíronse os premios de participación para todas as persoas participantes na feira.

Dende logo foi un 25 de novembro moi especial para Vedra e que ademais da man da Asociación de Mulleres Berenguela na Feira tivo tamén un recuncho para o recordo da conmemoración do Día Internacional en Contra do Maltrato de Xénero.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Semana da Ciencia 2012


O Concello de Vedra presenta o programa dunha nova edición da súa Semana da Ciencia, nesta ocasión a iniciativa  ten como temática “O ano internacional da Enerxía Sostible para todos”.

lunes, 12 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012



A clausura do programa Entretempo de outono puxoa coma sempre o noso coñecido Magosto na tarde do pasado sábado día 10 de novembro,l no Centro Sociocultural de Vedra en torno ás 20:00 horas do serán.

Na degustación de castañas deste ano contamos cas actuación do grupo de música tradicional Raiolo de San Xián de Sales e da Coral da 3ª Idade de Vedra que interpretou uns populares cantos de taberna. Ambos grupos deron o pé para o baile que os sucedeu no magosto.

CONCURSO DE DOCES


 
 
 
 

O sábado 10 de novembro desenvolveuse no Magosto Municipal unha nova edición do Concurso de Doces, no que participaron  dezaseis persoas.

O xurado composto por:

María Jesús Villaverde Núñez, cociñeira do Restaurante Villaverde

Henrique Vázquez Martínez, concelleiro de Cultura e Xuventude do Concello de Vedra.

Conchi Vázquez Gómez, cociñeira no Hospital Clínico de Santiago.

 
1º PREMIO
Tiveron a difícil tarefa de escoller os tres mellores doces.  Os tres salientaron a orixinalidade, laboriosidade, boa presencia e delicioso sabor de todos os traballos presentados. Aínda así tiveron que elixir tres e estes foron:


 

2º PREMIO
-         1º premio para o “Semifrío de Castañas con Salsa de Noces” de Mª Pilar Mosquera Ferreira.

-         2º premio  para a tarta de “Osiños do Outono” de Cristina Corral Vázquez.


-         3º premio para a “Mouse de Limón con Pasas”  de Laura Iglesias Bouzón.


3º PREMIO


Ademais o xurado decidiu dar dúas mencións máis:

-         A Tarta de Froitas de José Antonio López

-         A Tarta de Castañas de Salóme Mera Souto

 




SAÍDA MICOLÓXICA


Entre as actividades programadas dentro do Entretempo de Outono o pasado sábado día 10 de novembro gozamos dunha saída micolóxica.

A cita estaba prevista para as 10:30 da mañan do sabado, onde as máis de 30 persoas que se inscribiron nesta actividade, acompañadas por Fernando González Torre (micólogo local) se adentraron nos montes vedreses na procura de setas.


Nun principio parecía que o tempo non quería acompañarnos pero o longo da mañan foi abrindo o sol que nos fixo máis agradable a saída. Entre as variedades atopadas temos boletus, cantharellus, macrolepiotas, níscalos,...

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Programa ... Entretempo de Outono no Concello de Vedra


O 6 de novembro de 2012 o Concello de Vedra comezou as actividades do seu Programa … Entretempo de Outono e fixoo co obradoiro de cociña impartido por Javier Cajaraville Sánchez, cociñeiro veciño de Vedra , mestre na escola de hostalería de Lamas de Abade e propietario da Pastelería Carlisa.

25 persoas participaron desta actividade que tiña como finalidade adaptar a nosa cociña aos nosos recursos naturais. Deste xeito os protagonistas foron os cogumelos e as castañas que adornaron as seguintes receitas: “capón estofado con castañas e setas”  e “conexo á cazadora”  que foron moi ben acollidas polas asistentes e que serviron de excusa para que o cociñeiro lles contase moitos outros trucos e consellos para a elaboración de receitas moi apropiadas para este tempo.

Este programa continuou o  xoves 8 de novembro cun novo obradoiro, esta vez de repostería a cargo de Mª José Peña Franqueiro e Marina Silva Peña propietarias do “Forno de San Xián”. Nel deronse a coñecer as doces posibilidades dos productos do outono con base de castañas como as "Filloas recheas de crema de castañas" ou o "Pudin de castañas".