miércoles, 25 de enero de 2012

FOTOCAMELIA


BASES DO CONCURSO FOTOCAMELIA 2012
“Quedada” fotográfica 11 de febreiro de 2012

Participantes:
Poderán participar todas as persoas maiores de idade e menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.

Data e custo:
A “quedada” será o día 11 de febreiro pola mañá e realizarase conxuntamente co roteiro “A camelia nos pazos e casas grandes de Vedra”. Esta actividade ten un custo de 2.5 € para os socios e de 5,00 € para os que non son socios da asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla. O prezo inclúe o almorzo e o autobús para a visita polo concello.
Se as condicións meteorolóxicas non permiten a saída, esta quedará aprazada previo aviso aos participantes.

Inscricións e prazos:
É preciso inscribirse para participar, e pode facerse por telefono no número 981 814 612 ou no correo electrónico  casadospeons@concellodevedra.com. O prazo estará aberto ata o día 7 de febreiro.

A CAMELIA NOS PAZOS E CASAS GRANDES DE VEDRA

   

Este ano a programación das “Xornadas Arredor da Camelia” enche de actividades todo o mes de febreiro. Ábrense as xornadas o día 11 de febreiro  co Roteiro:

A Camelia nos pazos e casas grandes de Vedra.

 
Esta ruta lévanos a percorrer diversas paraxes e xardíns inéditos de Vedra  relacionados co mundo da camelia. Estaremos acompañados por un experto no mundo da botánica, que nos irá desvelando os segredos desta flor que ilumina o xardín de inverno.
Esta actividade ten un custo de 2.5 € para os socios e de 5 € para os non socios, inclúe autobús e almorzo. É preciso inscribirse antes do 7 de febreiro.

Podes aproveitar esta ocasión para traer a túa cámara e participar na “quedada” fotográfica  FOTOCAMELIA 2012. 

MAIS DE 50 PERSOAS TEÑEN QUE APLAZAR O VIAXE A NEVE

Viaxe a San Isidro

Por falta de neve na Estación de Esquí na data prevista para a nosa excursión, o Concello de Vedra pospuxo a dita viaxe para o mes de marzo:



NOVAS DATAS: 9,10 e 11 de marzo


Se aínda non te apuntaras e queres facelo temos prazas de última hora!!
Anotate no teléfono 981 814 691 antes do 5 de marzo

As persoas anotadas á viaxe tedes agora dúas opcións:
- Renunciar á viaxe. Neste caso devolverasevos integramente o total do diñeiro aportado. Avisar antes do día 1 de febreiro.
- Pospoñer a viaxe para os días 9,10 e 11 de marzo. Neste caso gardaríamos o diñeiro en depósito e realizaremos a viaxe nesas datas.

martes, 17 de enero de 2012

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A XUVENTUDE

Poñemos en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a xente nova do concello.
A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2012.
- Son un total de 6. A temática é variada.
- Terán unha duración de 2:00 h.
- Están dirixidos aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.
- Para obter certificación e agasaio sorpresa é p reciso participar en 3 dos 6 obradoiros.
- Para participar en cada un dos obradoiros  hai que anotarse no Tfno. 981 814 691 ou en xuventude@concellodevedra.com ata 2 días antes da data de realización .
As prazas son limitadas.

Ultimos días para inscribirse no Viaxe a neve


SAN ISIDRO OS DÍAS 27, 28 E 29 DE XANEIRO.

O prazo estará aberto ata o venres 20 de xaneiro.
Terán prioridade os/as mozos/as de 18 a 35 anos. 

Prezos:
  • Con todo incluído: 125 €
  • Sen aluguer de material e con clases: 110€
  • Con aluguer de material e sen clases: 110€
  • Sen aluguer de material nin clases: 95€

miércoles, 4 de enero de 2012

Maxia Potaxia!!!!

O día 3 de xaneiro o mago Dani García trouxo por Vedra a maxia e o ilusionismo do seu espectáculo "Acción". Durante unha hora estiveron os pequen@s e maiores atentos aos trucos deste mago que non deixou a ninguen indiferente.