viernes, 28 de diciembre de 2012

VEDRA EMPRESAS

 
Tras a boa acollida que tivo no mercado a xinebra NORDÉS, a empresa vedresa que a elabora presentou oficialmente fai uns días un novo produto: o vodka NORDÉS.
 
Produto ao que lle agardamos o mellor dos éxitos ao tempo que felicitamos ás empresas que, como esta, crean produtos da nosa terra e os comercializan aquí e fóra.
 

viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL!!!


VEDRA EMPRESAS


A empresa de lámpadas Arturo-Álvarez ubicada no Concello de Vedra, forma parte dunha campaña da Xunta de Galicia e de Galicia Calidade, como empresa que está a exportar.

Dende estas letras, noraboa polo “traballo ben feito”.

Arturo Álvarez adícase ó deseño e produción de todo tipo de luminarias decorativas. Ofrece obxectos de gran personalidade, únicos, para entornos privados e públicos. Conta cun equipo profesional altamente cualificado, motivado e un proxecto de empresa claro. Todos estes factores fan que Arturo Álvarez esté presente en máis de 50 países, e que o seu traballo sexa recoñecido por un público amplo e que nos últimos anos reciba importantes premios de deseño e diversos recoñecementos.

Podes ver a calidade e orixinalidade dos seus produtos en: www.arturo-alvarez.com

viernes, 7 de diciembre de 2012


Escola de familias

O proxecto da Escola de familias nace da iniciativa de pais e nais do concello de Vedra e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Vedra (Área de educación), coa intención de crear un espazo de debate sobre temas educativos de interés para as familias.

Trátase dun proxecto enmarcado na educación de adultos a través da participación e para a participación como pais e como nais, participación nos espazos que son decisivos para a educación dos nosos menores co ánimo de poder ofrecer as respostas axeitadas ás necesidades que presenten.

Máis información:

Na Educadora familiar 981814693 e na páxina do concello www.concellodevedra.com onde poderedes descargar o cuestionario.