lunes, 28 de enero de 2013

PRESENTACIÓN PÚBLICA DO ENTROIDO TRADICIONAL DA ULLA

Os Xenerais da Ulla chegaron dacabalo á praza do Obradoiro para escenificar un típico "atranque" ou "alto", que serviu de presentación pública do noso entroido tradicional.

Esta presentación pública na principal praza de Santiago de Compostela pretendía ser un só un aperitivo dos actos que terán lugar dende finais de xaneiro e ata mediados de febreiro nos oito concellos onde se celebra esta festividade tradicional e única no seu xénero, e que por segunda vez colaboramos na súa promoción conxunta: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vila de Cruces, ademais de Vedra.

Neste proxecto de promoción conxunta colaboran tamén as Deputacións de A Coruña e de Pontevedra. As dúas deputacións acolléron sendos actos de presentación do Entroido da Ulla 2013 e sumáronse á demanda dos nosos concellos para conseguir que o Entroido dos Xenerais sexa declarado de Interese Turístico.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego.
Máis información enhttp://www.xeneraisdaulla.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario