martes, 9 de abril de 2013

I Gala do Deporte

O pasado venres 5 de abril celebrouse con gran éxito de convocatoria a I Gala do Deporte de Vedra.

Ás 20.30 h daba comezo o evento, que da man de Silvia Castiñeiras,  presentadora de deportes de Correo TV supuxo unha viaxe emotiva e próxima  polo deporte vedrés que brillou con luz propia.

Houbo tempo para as anécdotas, para os agradecementos, para as peticións e como non para os merecidos aplausos que todas e cada unha das persoas que se subiron ao escenario, tanto os finalistas como os premiados, que dende logo tiñan máis que gañados cos brillantes curriculos que presentaron.

Se ben o momento estelar chegou coa entrega do Premio Especial do xurado “Lenda do Deporte Galego” que recibiu da man do alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo Moncho Fernández adestrador do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os valores deportivos e humáns que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de élite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio, a continúa formación e a implicación social e humán que sempre prioriza, sendo ademáis unha persoa cercana, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor dos seus orixes.

A Gala estivo presidida por:

-         O alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martinez Carrillo

-         Membros da Corporación de Vedra

-         A Vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable de Deportes, Dona Mariel Padín

-         O Concelleiro de Deportes da Cidade da Cultura, Don Fran Mourelo
 

LISTADO DE GAÑADORES NAS 15 CATEGORÍAS:

 
1) CATEGORÍA  FEMININA:

Mellor deportista de base  2012: NAVIA RENDO GUITIÁN


2) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor deportista promesa 2012: ALBA LEMA SEOANE

3) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista de base  2012: ADRIÁN BARRIO BARRAL

 
4) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista promesa  2012: DANIEL BOUZÓN GARCÍA

5) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor equipo promesa 2012:OLÍMPICO DE VEDRA CADETE MASCULINO DE TRIATLÓN

6) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor deportista  2012: ALBA LEMA SEOANE SEOANE

 
7) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista 2012: ANXO LEMA SAAVEDRA

 
8) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor equipo de base 2012: EQUIPO DE ATLETISMO DO CEIP ORTIGUEIRA

 
9) CATEGORÍA FEMININA:

mellor equipo promesa 2012: OLÍMPICO DE VEDRA FEMININO DE TRIATLÓN

 
10) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor equipo de base 2012:  EQUIPO INFANTIL DA ESCOLA DEPORTIVA VAL DO ULLA


11) MELLOR INICIATIVA DEPORTIVA ORGANIZADA NO CONCELLO EN 2012:

CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO GUNDIÁN


12) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á CONTRIBUCIÓN EMPRESARIAL AO DEPORTE MUNICIPAL


PREMIADOS:                RAMSA: Rocas Arcillas y Minerales S.A.

                                   GRUPO ULLA


13) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN AO DEPORTE MUNICIPAL:
 
JAIME FURELOS VÁZQUEZ

 
14) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á TRAXECTORIA DEPORTIVA

XERARDO ÁLVAREZ CASAL

15) PREMIO ESPECIAL DO XURADO “LENDA DO DEPORTE GALEGO”

MONCHO FERNÁNDEZ

 

 

 

 

 

 

 

                                 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario