jueves, 30 de mayo de 2013

AXENDA DESTA FIN DE SEMANA

Ruta polos recursos turísticos do concello”.
O Sábado1 de xuño o concello organiza con motivo das II Xornada Galega de Enogastronomía.
Visitando: Destilería Aguardientes de Galicia, Coto e Ponte Colgante de Ximonde, Adega Valdés, Ponte Gundián, Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e Pazo de Galegos.
I Torneo de Fútbol Base San Mamed Sub-10 e Sub-12.
Os días 1 e 2 de xuño celebrarase no campo de fútbol de San Mamede.
O día 1 será a quenda dos Sub-12 e o día 2 os Sub-10 organizado polo C.D SAN MAMED en colaboración co concello de Vedra.
Serán dous días de competición dende as 9:00 h. ata as 20:00 h. no que pasarán por San Mamede máis de 400 nenos/as distribuídos nos 32 equipos que participan no torneo.
“A República de Gundián”.
Os días 1 e 2 de xuño o Grupo Andaravía Teatro presenta a estrea teatral con esta obra.
LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra.
DATAS: O sábado 1 de xuño ás 21.00 h.
O domingo 2 de xuño ás 20.00 h.
III Ruta Btt de San Xulián
O 2 de xuño a Asoc. Cultural Deportiva Raiolo organiza esta rutaque terá unha distancia de 40 km aproximadamente e será de dificultade física media, e técnica alta.
Máis información e inscricións no blog: vedraconecta.blogspot.com.
Torneo de Fútbol Sala Intermunicipal de Outes
Os días 1 e 2 de xuño o equipo Vente Vindo – Reale representará ao Concello de Vedra neste torneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario