martes, 21 de mayo de 2013

II Xornadas enogastronómicas en Vedra


Sábado, 1 de xuño de 2013
Coincidindo coas II  Xornadas de portas abertas nas Rutas dos viños de Galicia, o concello de Vedra organiza pola súa Ruta do Viño  Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla, as II Xornadas enogastronómicas, que contan cun programa especial gratuíto:
“Ruta guiada por Vedra”
Visitando: Destilería Aguardientes de Galicia, Coto e Ponte Colgante de Ximonde, Adega Valdés, Ponte Gundián, Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e Pazo de Galegos.
A visita desenvolverase en xornada de mañán e de tarde. Os participantes que o desexen poderán disfrutar dos menús que o Restarurante Villa Verde, adherido á Ruta do viño de Vedra, propón para as xornadas:
Menús enogastronómicos  (25 €/persoa)
 Menú A:
1ºRevolto de zamburiñas con cogumelos
2º Pescada guisada ao forno con ourizo de mar ou capón de curral de Mos
Sobremesas: Variados caseiros

Menú B:
1ºEnsalada de verduras con peixe en escabeche
2º Arroz mariñeiro ou lascas de vitela con cogumelos á pementa verde
Sobremesas: Variados caseiros

 Maridaxe con viños da D.O. Rías Baixas
            Menú infantil: 10 € (menores de 12 anos)
Reserva de prazas no tel. 981 814612 ou en casadospeons@concellodevedra.com ata o 30 de maio.
Punto de encontro: Centro de Dinamización e Promoción Municipal “Casa dos Peóns” ás 11:00 h.     GPS:  42.790309, -8.444015
Cómo chegar: http://goo.gl/maps/VCUAk 

No hay comentarios:

Publicar un comentario