lunes, 20 de mayo de 2013

II Xornadas : Rutas dos Viños de Galicia

Se te unes ás II Xornadas poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes que ti escollas. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a primeira fin de semana de xuño*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.
Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás xantar aproveitando esta oferta especial. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos, maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes. O prezo final, con ive, será de 25 € e levará incluída a sobremesa. Os restaurantes adheridos a esta promoción ofrecerán ademais menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos. O prezo destes menús infantís será de 10 € (ive incluído).
En cada Ruta poderás atopar ademáis un programa especial de actividades para esta fin de semana: haberá visitas guiadas a cascos históricos, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño. O sábado día 1 poderás gozar dun concerto musical en cada unha das Cinco Rutas dos Viños galegas, exclusivos para este evento.
* Horario de atención ao público.
Realizaranse catro visitas guiadas o sábado e unha o domingo, no seguinte horario:
Sábado: ás 11.30h e ás 13.00h / ás 17.00h e ás 18.30h
Domingo pola mañá: ás 12.00h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente.
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario