lunes, 3 de junio de 2013

Clausura das escolas deportivas municipais 2012-2013

O pasado xoves 31 de maio tivo lugar no polideportivo municipal o acto de clausura das escolas deportivas municipais do presente curso. A partir das 17:30 e diante de algo máis dun cento de país, nais, familiares e amigos dos distintos participantes nas mesmas daba comezo o acto, coa exhibición dos cativos e cativas da actividade de Kárate, que deron mostra dos avances adquiridos ao longo deste curso, para a maior parte deles o ano de contacto coa actividade, dirixidos polo mestre Domingo Albela.
Posteriormente foi o turno para os distintos grupos de patinaxe, que amosaron as súas progresións realizando distintas coreografías segundo o seu nivel, diseñadas pola monitora Tania Garabatos e perfectamente caracterizados para a ocasión por ela mesma. Unha vez rematado o patinaxe e presentados ó mais puro estilo NBA polo “speaker” do Blusens Mombús Obradoiro, voz de todo o acto, os integrantes da actividade de baloncesto, debutante este ano no programa, foron os encargados de poñer o remate da mostra do traballo realizado nas escolas deportivas deste curso, mediante uns circuitos e exercicios diseñados pola súa adestradora Ana Masaguer.

E así foi como se dou paso a exhibición estelar deste ano, protagonizada polo mozo e veciño deste concello Fabian Sende “Fabian SJS”, que deleitou a tódolos asistentes cun concurso de mates e a entrega de diplomas aos asistentes as actividades a cargo do alcalde Carlos Martínez e da concelleira Beatriz Amenal, para despois disfrutar de inchables e dun minitaller de globoflexia para os máis cativos.

 Nas escolas deportivas deste curso participaron un total de 52 nenos e nenas e con este acto de clausura ponse case fin as actividades dirixidas e competicións do pavillón de Vedra no presente curso, agás as actividades de adultos que rematan a finais de xuño e xa coas competicións de futbol sala e os grupos participantes en deporte federado finiquitados. A instalación pecha así o curso natural cunha asistencia media semanal de medio milleiro de usuarios, ademais dos alumnos e alumnas do CPI de Vedra. Dende o 1 de xullo ata o 10 de setembro o pavillón pasará a ter horario de verán de 20:00 a 24:00 no que poderán acceder os usuarios do ximnasio e alugar a cancha polideportiva. En setembro empezará a preinscricción nas actividades para o curso 2013-2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario