lunes, 29 de julio de 2013

Vedra no novo itinerario do tren máis luxoso de España


O tren Al Andalus estrea un itinerario denominado Camiño de Santiago, itinerario do que forma parte o concello de Vedra.

Na súa primeira viaxe por este percorrido fixeron parada na estación de Santa Cruz, 40 periodistas de 18 países, que viñan neste tre-hotel de luxo para coñecer e promocionar este itinerario.

A comodidade do aloxamento nos coches-suite, a calidade dunha oferta gastronómica variada e característica de cada zona no coche restaurante, así como o gozo dunha copa no coche bar ou dunha actuación en directo no coche piano son algunhas das opcións que nos ofrecen as instalacións deste singular tren. Paralelamente inclúese a realización de múltiples actividades complementarias nas paradas programadas ao longo do traxecto. Gozaremos de visitas a cidades cun enorme interese patrimonial e cultural, catas de viños de Denominación de Orixe en importantes adegas, degustación da gastronomía típica en recoñecidos restaurantes, paseos en barco para descubrir a riqueza marisqueira do litoral ou relaxadas camiñadas por xardíns cheos de romanticismo e historia como é o do Pazo de Ortigueira. Sete días dunha viaxe irrepetible polo norte da península a bordo dun tren orixinal e único. Un inesquecible recordo de paisaxes, tradicións, arquitecturas, olores, sabores, sensacións e vivencias doutra época transportados ao noso presente. O único iconveniente é que este itinerario custa case 3000 € por persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario