miércoles, 4 de septiembre de 2013

Bus do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha un novo servizo de autobús para coñecer as bodegas e viñedos da D.O. Rías Baixas.

Os autobuses estarán dispoñibles todos os sábados desde o 7 de setembro ao 26 outubro, coincidindo coa época da vendimia en Rías Baixas, de tal forma que os visitantes terán a oportunidade de coñecer as bodegas nun dos momentos de maior actividade.

O Bús do Viño Rías Baixas parte das cidades de Pontevedra e Vigo e cada día visitará 3 bodegas, deixando tempo libre para coñecer o casco histórico de Cambados ou Salvaterra de Miño.

Neste proxecto participan 15 bodegas de catro subzonas da D.O. Rías Baixas, concretamente: Pazo de Galegos, Martín Codax, Gil Armada, Pazo Baión, Pazo Señoráns, Mar de Frades, Adega Eidos, Pazo Quinteiro da Cruz, Don Olegario, Pazo de Rubiáns, Agro Bazán, Señorío de Rubiós, Bodegas A Val, Pazo San Mauro e Terras Gauda.

O prezo por persoa é de 12 euros, e ten unha duración aproximada de 8-10 horas. Os viaxeiros poderán escoller tamén gozar dun xantar en bodegas ou restaurantes da Ruta do Viño a prezos especiais.

O Bús do Viño Rías Baixas xorde grazas ao convenio da Ruta do Viño Rías Baixas coa Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, que promove actividades especiais de Enoturismo nas Rutas do Viño de Galicia.

INFORMACIÓN E RESERVAS:

tel: 986 091 088 / 687 523 230

email: info@rutadelvinoriasbaixas.com

Consulta os percorridos do Bus do Viño Rías Baixas (pinchando aquí):

https://docs.google.com/file/d/0BzkvvpLsK0ObcXhkODRrZEJjanM/edit?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario