miércoles, 31 de julio de 2013

Ruta de San Xoán da Cova. Goza do Ulla


O domingo 4 de agosto é a quenda  de Vedra como concello organizador.

O punto de encontro será as 9:30 h. diante da casa do concello ou na Casa dos Peóns, ou as 10:00 h. na Área de Recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián.

Inscricións no teléfono 981 814 691
Autobús gratuíto para inscritos.
 
Tamén, se estas interesado, podes aproveitar esta ocasión para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas.

 





lunes, 29 de julio de 2013

Vedra no novo itinerario do tren máis luxoso de España


O tren Al Andalus estrea un itinerario denominado Camiño de Santiago, itinerario do que forma parte o concello de Vedra.

Na súa primeira viaxe por este percorrido fixeron parada na estación de Santa Cruz, 40 periodistas de 18 países, que viñan neste tre-hotel de luxo para coñecer e promocionar este itinerario.

A comodidade do aloxamento nos coches-suite, a calidade dunha oferta gastronómica variada e característica de cada zona no coche restaurante, así como o gozo dunha copa no coche bar ou dunha actuación en directo no coche piano son algunhas das opcións que nos ofrecen as instalacións deste singular tren. Paralelamente inclúese a realización de múltiples actividades complementarias nas paradas programadas ao longo do traxecto. Gozaremos de visitas a cidades cun enorme interese patrimonial e cultural, catas de viños de Denominación de Orixe en importantes adegas, degustación da gastronomía típica en recoñecidos restaurantes, paseos en barco para descubrir a riqueza marisqueira do litoral ou relaxadas camiñadas por xardíns cheos de romanticismo e historia como é o do Pazo de Ortigueira. Sete días dunha viaxe irrepetible polo norte da península a bordo dun tren orixinal e único. Un inesquecible recordo de paisaxes, tradicións, arquitecturas, olores, sabores, sensacións e vivencias doutra época transportados ao noso presente. O único iconveniente é que este itinerario custa case 3000 € por persoa.

viernes, 26 de julio de 2013


O concello de Vedra súmase no día de hoxe á dor que percorre Galicia, tras o tráxico accidente de tren ocorrido o pasado mércores día 24 en Santiago de Compostela. Queremos trasladar o noso máis sentido pesar a todos os familiares das persoas falecidas, e expresar a nosa solidariedade cos dos feridos.

Con motivo do accidente ferroviario do 24 de xullo o concello de Vedra comunica a suspensión das seguintes actividades programadas para a fin de semana:

  • Ruta cicloturística: Vedra coa Volta ciclista a España.
  • Festival de Bandas de música do Patio.

miércoles, 24 de julio de 2013

Ruta cicloturista polo Concello de Vedra. “Vedra coa volta”

27 de xullo de 2013

Ruta cicloturista polo percorrido que vai realizar a Volta Ciclista a España o vindeiro 27 de agosto ao seu paso polo concello de Vedra.

Itinerario: Trobe, Vedra, Illobre e San Fins de Sales

Saída ás 10.00h do Campo da festa de Trobe

Avituallamento e sorteos.

Agasallo dunha camiseta a tódolos/as participantes.

Información e inscricións: tels. 981512482 – 981814612

casadospeons@concellodevedra.com
Campo da festa de Trobe: 42.765879,-8.505145

martes, 23 de julio de 2013

XI FESTIVAL DE BANDAS DO PATIO EN SANTA CRUZ DE RIBADULLA

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

VENRES 26 DE XULLO DE 2013, 22:00 H.

"DISNEY. MÚSICA E CINE"

Proxección de fragmentos de películas Disney con música en vivo a cargo da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.

 
SABADO  27 DE XULLO DE 2013, 18:00 H.

"XI FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DO PATIO"

         • Banda da Escola de Música de Rianxo

          Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

          • Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla


CEA - BAILE AO REMATE DO FESTIVAL

A Banda de Santa Cruz organiza unha cea-baile ao remate do festival, á que todo o mundo está convidado.

Para máis información ou reservar,

676 698 845 (Gustavo, presidente da Banda)

Taberna o Patio (Santa Cruz de Ribadulla)

 

viernes, 19 de julio de 2013

DESCENSO EN PIRAGUAS POLO ULLA


O sábado día 20 de xullo case 150 piragüístas descenderán o río Ulla. O descenso transcorrerá entre as Illas de Gres e Agronovo, ao longo dun percorrido de aproximadamente 10 Kilómetros, atravesando unhas paisaxes naturais de grande interese medioambiental.

A saída será ás 11 h.

Achégate a velos!!!!!!!!!!!!

jueves, 18 de julio de 2013

GRAN PREMIO DA COMUNIDADE VALENCIANA DE MOTO GP


O Departamento de Xuventude do Concello de Vedra organiza unha xuntanza para a organización e programación desta actividade.

Se estas pensando en asistir, non o dúbides, achégate a esta reunión na que te informaremos dos distintos paquetes de viaxe que nos ofertaron para este evento.

REUNIÓN: o luns día 22 de xullo ás 20:00 h. na casa do concello.


martes, 16 de julio de 2013

INTERCAMBIO EUROPEO DE ACOLLIDA EN VEDRA

Baixo o nome de EN CLAVE SUSTAINABLE realizase en Vedra un proxecto de intercambio europeo de acollida entre o 12 e o 19 de xullo de 2013. Durante estes 8 días de duración participantes portugueses e italianos xunto a un grupo de mozos de Vedra, crearán un espazo de reflexión,  análise e intercambio para xerar condicións óptimas para un desenvolvemento sostible (sostibilidade ambiental, crecemento económico e equidade social ).

Con este intercambio búscase emprender accións, que nos leven a reflexionar a situación na que estamos inmersos, e a analizar o onte (de que situación vimos) e o mañá (cara onde imos), onde os mozos serán @s protagonistas e buscaran que a nosa comunidade local, nacional e internacional teñan futuro ademais de pasado, polo que este intercambio pretende reconducir o desencontro entre a comunidade e o seu ambiente, coa idea de explorar camiños xa andados cara un desenvolvemento humano que sexa á vez sostible e equitativo.


Podes atopar máis información sobre esta iniciativa en: enclavesostible.wordpress.com

lunes, 15 de julio de 2013

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Os mozos e mozas de Vedra veñen de gozar cos Campamentos de Verán que se organizaron dende o Departamento de Cultura e Xuventude do Concello de Vedra e en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Foto de grupo no Campamento Xuvenil Os Chacotes

viernes, 12 de julio de 2013

LUVAS VERDES

A próxima saída de voluntariado ambiental terá lugar o sábado 15 de xullo, despois dunha primeira "quedada" de  “A Limpar Vedra” que foi un éxito en canto ao volume de lixo recollido e a participación.
O grupo de voluntarios estivo traballando na vía de servizo da autoestrada, á altura da adea de Pousada, onde se recolleron ademais de escombro de obra, colchóns e louza vella entre outros materiais.
Se queres apuntarte, tomar parte neste programa ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981 814 612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com

miércoles, 10 de julio de 2013

ROMARÍAS E FESTAS PARA ESTES DÁS


VII ROMARÍA DO SAN CRISTOVO DE MERIN




XIV CONCURSO DE PESCA
E FESTA DO ESCALO EN AGRONOVO

 
O vindeiro 14 de xullo na Área Recreativa Agronovo en Santa Cruz de Ribadulla celebrarase unha nova edición da Festa do escalo.

A inscrición para o XIV concurso de pesca do escalo no Ulla será gratuíta e poderá facerse a partires das 09:30 horas.
O pregón será a cargo de Ovidio Rodeiro (Director Xeral de Xuventude) ás 14:00 horas.
Demostración de montaxe de moscas polo artesán montador Rafael de la Iglesia.
 

martes, 9 de julio de 2013

Cursos do teu interese





CURSO DE INFORMÁTICA GRATUÍTO

Si tes entre 16 e 25 anos, e estás interesado nas novas tecnoloxías, aproveita o verán e apúntate a un curso de informática que se desenvolverá en Vedra.

Consulta o programa do curso, horarios…

Aberto o prazo de inscrición. Prazas limitadas.

 
 
 
 
 
 
 
Curso Manipulador de alimentos

O Concello de Vedra en colaboración co Centro DGP Formación, oferta un curso de hixiene alimentaria - manipulación de alimentos de tres horas de duración e un custo de 20,00 € por persoa. Este curso impartirase o sábado 13 de xullo de 2013, de 10.00 a 13.00 horas no Centro de Formación de Santa Cruz de Ribadulla (Casa da Estación do RENFE)
 

lunes, 8 de julio de 2013

Comeza a Escola de verán

ACCIÓN DE VERÁN PARA A XUVENTUDE. ESCOLA DE VERÁN

Hoxe comeza a Escola de verán!!!!!!!!!!!!!!
Ata o 2 de agosto de 2013 un grupo de moz@s de Vedra están a vivir unha experiencia diferente con esta alternativa de verán. O que se pretende é xerar as condicións para un desenvolvemento sostible, onde @s moz@s teñan un papel protagonista.


Nela realizan:

- Itinerarios temáticos pola contorna (sendeirismo, piragüismo ...)

- Campus verde: obradoiros.

- Recuncho da biodiversidade.

- Campaña de sensibilización.

- Saídas e acampada.

- Dinámicas de animación, grandes xogos e moito máis...

Se está interesado en participar, espabílate e chama xa ao teléfono  981 814 695

Aínda estás a tempo!!!!!!!!!!!!!!

 

viernes, 5 de julio de 2013

Descenso do Ulla en Piraguas. 20 de xullo de 2013

 
O Descenso do Ulla en Piraguas, transcorrerá entre as Illas de Gres-Sucira e a Área de recreo de  Agronovo, ao longo dun percorrido de aproximadamente 10 Kilómetros, atravesando unhas paisaxes naturais de grande interese medioambiental.

A saída será ás 11 h.


Prezo: 20,00 € persoa (Inclúe piragua de 2 persoas e seguro).

Opcional comida: 7,00 €/pers.

Poderán participar os maiores de 13 anos (con autorización).

Prazas limitadas.

 
Máis información e inscricións no telf: 981 814 691.


jueves, 4 de julio de 2013

ACTIVIDADES EN VEDRA NA FIN DE SEMANA


Aluguer de Piraguas e Barcas do Ulla na Área de Recreo de Agronovo

O Concello de Vedra infórmate de que ao longo dos meses de xullo e agosto, todos os sábados e domingos pola tarde  entre as 16:00 e 20:00 h. poderase acceder libremente ás Piraguas e ás Barcas do Ulla mediante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta actividade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!

 

EXPOSICIÓN DE PINTURA

Ultimos días para gozar das obras que as nosas alumnas do Obradoiro de pintura municipal expoñen.

Achegate a ver cadros realizados durante o curso coa guía e explicacións do profesor e artista Delio Sánchez.

LUGAR:  MUSEO PAZ CAMPS (San Fins de Sales)

HORARIO DA EXPOSICIÓN:

                   Sábado día 6 de 17:00 a 20:00 H.

                   Domingos día 7 de 11:00 a 14:00 H.

E ademais!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

SABADOS CREATIVOS con obradoiros de creatividade e xogos de animación.

¿Cando? Este  sábado 6 de xullo último obradoiro dos programados              

¿A que hora? de 17:00 a 19:00 h.                                                                

¿Para quen? Nenas e nenos a partir de 4 anos                                              
 
 
 
ACCIÓN DE VERÁN PARA A XUVENTUDE
ESCOLA DE VERÁN
 
COMEZA A ESCOLA DE VERÁN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Entre o 8 de xullo ao 2 de agosto de 2013 un grupo de moz@s de Vedra viviran unha experiencia diferente con esta alternativa de verán. O que se pretende é xerar as condicións para un desenvolvemento sostible, onde @s moz@s teñan un papel protagonista.
Nela realizan:
Dentro da Escola de Verán están a facer:
- Itinerarios temáticos pola contorna (sendeirismo, piragüismo ...)
- Campus verde: obradoiros.
- Recuncho da biodiversidade.
- Campaña de sensibilización.
- Saídas e acampada.
- Dinámicas de animación, grandes xogos e moito máis...
Se está interesado en participar, espabílate e chama xa ao teléfono  981 814 695
Aínda estás a tempo!!!!!!!!!!!!!!