miércoles, 25 de junio de 2014

Escola de Verán 2014 “Son Terra”

Se queres vivir un verán diferente participa nesta actividade de xuventude.

Que é?
Unha alternativa de verán, onde os mozos e mozas teñan un papel protagonista.

Como é?
Dentro de Son Terra imos facer:
  - Descubertas do contorno (sendeirismo, piragüismo ...)
  - Actividades etnográficas.
  - Obradoiros e traballos de campo.
  - Saídas e acampada.
  - Grandes xogos e moito máis...

E como novidades?
Días de convivencia nun albergue con mozos doutros lugares.

Cando é?
Do 7 xullo ao 1 de agosto en horario de 10 a 14 horas, excepto actividades puntuais (saídas, rutas, acampada...)
Para quen é?

Para a mocidade de máis de 13 anos.    

+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS ATA O VENRES 4 DE XULLO nos seguintes teléfonos dos departamentos de xuventude e cultura:  981 814 695  ou  981 814 691.

( Prazas limitadas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario