martes, 10 de junio de 2014

VEDRA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA


O Concello de Vedra estará presente na Feira Internacional de Galicia que se celebrará do 12 ao 15 de xuño. 

FESTUR 2014  é un novo certame que estará protagonizado polas festas de interese turístico e que terá lugar de forma paralela á 37ª Semana Verde de Galicia.

Esta I Feira de Festas de Interese Turístico, que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, está concibida como un escaparate da gran oferta de celebracións con esta distinción que existen na comunidade galega, converténdose en espazo de encontro entres estas citas festivas e o público interesado no seu coñecemento e desfrute. 

FESTUR 2014 contará cunha área expositiva na que os organizadores destas festas destacadas pola súa antigüidade, arraigo popular e orixinalidade informará aos visitantes sobre as mesmas e lles explicarán as súas peculiaridades e atractivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario