miércoles, 20 de agosto de 2014

VII RUTA CABALAR DO SANTIAGUIÑO


V CONCENTRACIÓN DE ESPANTALLOS


 
A Asociación Tira e Afloxa organiza o sábado 23 de agosto esta singular concentración.

A partir das 20.00 horas exposición dos espantallos no campo da festa de Vilanova.

Premiaranse os 3 mellores espantallos!

Ao rematar a novena:
-         Representación teatral da Asoc. Papaventos coa obra “ A arrincadeira”
-         Musical dos nenos espantallos de “Tira e Afloxa”
-         A Asoc. Tira e Aloxa presenta “O reparto do espantallo”

-         Actuación do Mago XACOBE

martes, 19 de agosto de 2014

Presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT


O Tourist Trophy da Illa de Man pasa por ser a carreira de motos máis antiga, dura, rápida e perigosa do mundo. A este fabuloso reto enfrentáronse 28 pilotos españois dende 1914 ata os nosos dias. Abelardo Rendo ( director dos documentais deportivos Mph Mann e Objetivo TT 3.0 ) e o escritor e xornalista Juan Pedro de la Torre ( director do portal web Motoworld.es e da revista Sport-Bike) narran, no libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, por primeira vez na lingua de Cervantes, a historia desta mítica carreira e a dos intrépidos pilotos que se atreveron a desafiar ao Mountain Course.

No marco da 17ª concentración Moteira do Val do UIlla, organizada polo Motoclube Moteiros Val do Ulla, o vindeiro sábado 23 de agosto, ás 18:00 hrs. na casa de Cultura de Sta. Cruz de Rivadulla, farase a presentación deste interesante e curioso libro a cargo do co-autor e veciño do noso Concello, Abelardo Rendo.

Dende o Concello animamos a tod@s @ veciñ@s que así o desexen a asistir á presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, que pretende ser unha homenaxe a estes bravos pilotos e que pensamos que todo amante ao motor, sexan duas ou catro rodas, non deberían perderse.






XVII Concentración moteira Val do Ulla

Os moteiros do Val do Ulla orgnizan un ano maís a súa concentración. 
Non a podes perder!!!

Datas: 23 e 24 de agosto
Lugar: Santa Cruz de Ribadulla

Programa de actividades:

O sábado 23 de agosto:
  • A partires das 16 h apertura de inscricións.
  • Ás 18.30 h presentación  do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT 
  • Póla tarde actuación acrobática a cargo Nelson Pina e Jaque Stunt. Ás 19.30 h
  • No recinto haberá diferentes alternativas de ocio, xogos populares, toro mecánico,…
  • Pola noite cea para os participantes e actuación de Dj e gogos.

Haberá festa ata que o corpo aguante!!

O domingo 24 de agosto:

  • Ruta aberta a toda persoa moteira.  O grupo sairá arredor das 11 h do recinto habilitado.
  • Xantar
  • Entrega de trofeos e agradecementos de participación, etc...



martes, 5 de agosto de 2014

BAIXADA DO PICO SACRO

INSCRICIÓN

XVIII EDICIÓN BAIXADA PEDESTRE DO PICO SACRO

O Sábado 22 de agosto ás 18 h

A Asociación de veciños de Vilanova  recuperan a baixada pedestre do Pico Sacro.
Fano como era tradición en torno á programación das Festas do Santiaguiño.

A inscrición estará aberta ata o 19 de agosto neste blog / vedraconecta,blogspot.com
Botalle un ollo ao cartel e participa!!

Está pensada para todas as idades !!