martes, 30 de septiembre de 2014

COMEZAN AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS



Inicio do programa de actividades Culturais do Concello de Vedra:

Obradoiro de TRAPILLO___________________________O mércores 1 de outubro

Obradoiro de PINTURA (adultos)______________________O venres 3 de outubro

Obradoiro de PINTURA (nenos)_______________________O sabado 4 de outubro

Obradoiro de MANUALIDADES ________________________O luns 6 de outubro

Cursos de INGLÉS ____________________________________O luns 6 de outubro



Inicio do programa de actividades Deportivas do Concello de Vedra:

Actividades deportivas en Idade escolar___________________O luns 6 de outubro

Actividade deportivas adultos____________________________O luns e de outubro

Ximnasio Municipal____________________________________O luns 6 de outubro

martes, 23 de septiembre de 2014

OBRADOIROS DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Aínda estas a tempo de anotarte nos obradoiros de expresión artística!!!!!!!!!!!

Se precisas máis información, atento as reunións informativas:

Obradoiro de “TRAPILLO”, “GANCHILLO”, TEARES:
Reunión informativa e de presentación mañá, mércores 24 de setembro ás 18:00 horas no Museo Paz Camps.

Obradoiro de MANUALIDADES
Reunión informativa e de presentación o luns 29 de setembro ás 19:00 horas no Museo Paz Camps.

Obradoiro de PINTURA
Reunión informativa e de presentación o martes 30 de setembro ás 20:00 horas no Museo Paz Camps.


viernes, 19 de septiembre de 2014

LABORATORIO TEATRAL DE VEDRA

O Laboratorio Teatral de Vedra (LTV) concíbese como un proxecto cuxa finalidade é que mozos e
mozas do concello de Vedra e outros municipios da contorna interesados no mundo das artes
escénicas e sen experiencia teatral previa poidan achegarse ao xogo dramático e adquirir
coñecementos básicos sobre os diferentes elementos que compoñen una representación teatral.

Desenvolveranse un total de 5 obradoiros polos que pasarán tódolos participantes:

-Distensión
-Expresión corporal e voz (Docencia: Alfonso Romeo)
-Texto e interpretación (Docencia: Xoán Curiel)
-Vestiario, maquillaxe e atrezzo (Docencia: María Gaiteiro)
-Medios técnicos: iluminación e son; e Montaxe. (Docencia: Xacobo Castro)

Preténdese ofrecer aos participantes unha aproximación ao teatro como proceso integral. O LTV está
dirixido a un máximo de 30 alumnos con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos que se
distribuirán en grupos de traballo de 7-8 persoas co fin de potenciar a participación e garantir unha
mellor atención por parte dos docentes.

Como práctica final, cada grupo realizará unha breve representación teatral cunha duración
aproximada de 15 minutos, que estará aberta ao público xeral.

Ficha de inscrición descargable: https://www.dropbox.com/s/ewb9wetcs5s3vha/Folla%20de
%20inscrici%C3%B3n%20LTV.pdf?dl=0

miércoles, 17 de septiembre de 2014

PAZO DE SANTA CRUZ. PATRIMONIO VERDE DE GALICIA

PRESENTACIÓN DO LIBRO 

“PAZO DE SANTA CRUZ. PATRIMONIO VERDE DE GALICIA”
DE CARLOS RODRÍGUEZ DACAL

DATA: O VENRES 19 DE SETEMBRO
HORA: ÁS 19 H 
LUGAR: NO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

miércoles, 10 de septiembre de 2014

ROTEIRO FOTOGRÁFICO POLO VAL DO ULLA!!

Presentámosche unha das propostas para o tempo libre da xuventude…

Apúntate xá a esta actividade gratuída que reunirá a beleza do Val do Ulla co gusto pola fotografia!!

DATA: SÁBADO 27 DE SETEMBRO
HORARIO: ÁS 16 H


*Inscribete xa no telefono 981 814 691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com

REUNIÓN COS COLECTIVOS ASOCIATIVOS DE VEDRA