viernes, 19 de septiembre de 2014

LABORATORIO TEATRAL DE VEDRA

O Laboratorio Teatral de Vedra (LTV) concíbese como un proxecto cuxa finalidade é que mozos e
mozas do concello de Vedra e outros municipios da contorna interesados no mundo das artes
escénicas e sen experiencia teatral previa poidan achegarse ao xogo dramático e adquirir
coñecementos básicos sobre os diferentes elementos que compoñen una representación teatral.

Desenvolveranse un total de 5 obradoiros polos que pasarán tódolos participantes:

-Distensión
-Expresión corporal e voz (Docencia: Alfonso Romeo)
-Texto e interpretación (Docencia: Xoán Curiel)
-Vestiario, maquillaxe e atrezzo (Docencia: María Gaiteiro)
-Medios técnicos: iluminación e son; e Montaxe. (Docencia: Xacobo Castro)

Preténdese ofrecer aos participantes unha aproximación ao teatro como proceso integral. O LTV está
dirixido a un máximo de 30 alumnos con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos que se
distribuirán en grupos de traballo de 7-8 persoas co fin de potenciar a participación e garantir unha
mellor atención por parte dos docentes.

Como práctica final, cada grupo realizará unha breve representación teatral cunha duración
aproximada de 15 minutos, que estará aberta ao público xeral.

Ficha de inscrición descargable: https://www.dropbox.com/s/ewb9wetcs5s3vha/Folla%20de
%20inscrici%C3%B3n%20LTV.pdf?dl=0

No hay comentarios:

Publicar un comentario