miércoles, 30 de abril de 2014

FESTAS ESTA PONTE DE MAIO EN VEDRA

FESTA DA XUVENTUDE EN PONTE ULLA
 A Ponte Ulla - Vedra
30 de abril
Á noite, verbena coas orquestras
ASSIA
CANADÁ
1 de maio
Ás 13:30h, misa solemne co coro parroquial
Sesión vermú amenizada pola: Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
Pola noite actuación do grupo: SON DE SWING



FESTAS DO SAN PEDRO MÁRTIR
Merin
3 de maio
Festa na honra a San Antonio
Verbena amenizada polo grupo Chanel e a orquesta La Royal

4 de maio
 Festa no horna a San Pedro Mártir
Concerto de mediodía da Banda de Musica de Santa Cruz de Ribadulla
Verbena amenizada polo grupo Venus Band e Orquesta sorpresa de Merin




FESTA DA ORELLA
San Fins de Sales
4 de maio
Pregón as 14:00 h. a cargo dun artista da TVG
Durante toda a tarde actuacions:
DUO SINTONÍA
Charanga POLA CORDA
Charanga SON DO SOUTO
Orquesta CANADA

VIAXE COA CORAL DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA


miércoles, 23 de abril de 2014

PRESENTACIÓN DA REVISTA “ O SON DA BERENGUELA”

A ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE PRESENTA A SÚA REVISTA
 “ O SON DA BERENGUELA”

DIA: SÁBADO 26 DE ABRIL

HORA: Ás 20.30 h

LUGAR: a Casa da Terceira Idade

*A Asociación Berenguela quere convidarte a participar desta presentación!!

martes, 22 de abril de 2014

O SEGUINTE PASO Á COMPOSTAXE DOMÉSTICA: CURSO DE HORTICULTURA

O departamento de Medioambiente do Concello de Vedra quere dar continuidade ao seu Programa de Compostaxe e par iso proponche este curso de horticultura, impartido polo experto Don Jesús Alonso Rosano.

Trátase dun curso teórico – práctico no que todas as persoas interesadas no tema poderán coñecer de primeira man todas as opcións que a horticultura ofrece.

DATA: venres 25 de abril

HORA: Ás 17.00 h na horta de Furelos (na parroquia de Vedra)

Lugar e hora de reunión:  Ás 16.45 h diante da Casa do Concello

*Inscríbete no teléfono 981 814 691 

 

lunes, 21 de abril de 2014

POSTA A PUNTO: INICIACIÓN AO COACHING



DATA: venres 25 de abril
HORA: 20:00
LUGAR: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla)

OBRADOIRO: INICIACIÓN AO COACHING

Este método ten por obxetivo conseguir algunha meta ou desenvolvemento de actividades específicas.

Para participar neste obradoiro é preciso inscribirse  no teléfono 981814691 ou no correo electrónico xuventude@concellodevedra.com ata 2 días antes da data de realización.

FESTA DA XUVENTUDE

A Ponte Ulla - Vedra
30 de abril
Á noite, verbena coas orquestras
ASSIA
CANADÁ
1 de maio
Ás 13:30h, misa solemne co coro parroquial
Sesión vermú amenizada pola: Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
Pola noite actuación do grupo: SON DE SWING

martes, 15 de abril de 2014

POSTA A PUNTO: CURSO DE PHOTOSHOP

… O Programa Posta a Punto presenta unha nova actividade: CURSO DE PHOTOSHOP

 
DATA DE INICIO: O 25 DE ABRIL

HORARIO: De 20.00 a 21.30 h

PREZO: 20 € mensuais


*  Se estas interesado chama ao 981 814 691 ou escribe a cultura@concellodevedra.com e inscribete!!


lunes, 14 de abril de 2014

EN CONCERTO PABLO DÍAZ!!!! TOC TOC


O concello de Vedra en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia organiza o sábado 19 de abril na Casa da Cruxa en San Xián de Sales o concerto TOC - TOC de Pablo Díaz.

O espectáculo é para todos os puúblicos e terá lugar ás 18:00 horas.

viernes, 11 de abril de 2014

... REMATA TEATROFILIA 2014

 
- Venres 11 de abril ás 21.15 h: O Grupo de teatro do Centro Social da 3ª Idade de Vedra coa obra “A de Fungueiro ao Tacho” (TP).

- Sábado 12 de abril ´Teatroforum: “Quéreme ben” a cargo de 100tolas Grupo Teatro dx Oprimidx (+14)

- Domingo 13 de abril Andaravía Teatro na XXXIV Festa do Viño de San Miguel de Sarandón, arredor das 14.00 h co pasarrúas “A arrincadeira” (TP)

jueves, 10 de abril de 2014

XXXIV EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA

Festa do Viño 2014

O 13 de abril

Este domingo 13 de abril celébrase a XXXIV Exaltación do Viño da Ulla!


San Miguel de Sarandón será unha festa!!

miércoles, 9 de abril de 2014

O Vente Vindo-Reale vencedor da copa de fútbol sala do Concello de Vedra

O pasado luns disputouse a final da copa de fútbol sala do concello de Vedra na que resultou vencedor o equipo Vente Vindo-Reale, tras imponerse por 4 a 3 a Taberna do Patio-Café Bar A Senra nun partido moi disputado e con constantes alternativas no marcador. Deste xeito o Vente Vindo-Reale fai dobrete ao sumar ao título de liga 2013-2014 o título de copa, resultando ademais invicto nos dous torneos. A estes título hai tamén que sumarlle o de equipo máis goleador do torneo de liga. Completaron o cadro de honra da Copa o mencionado anteriormente Taberna do Patio-Café Bar A Senra, como subcampión e o Talleres Dopazo, que tras imponerse no 3º e 4º posto a Os Picholeiros, por un axustado 3 a 2, facíase co terceiro posto na copa despois tamén de terse proclamado subcampión da liga. Os premios restantes foron para o Maloserá, que quedou 3º na liga, ademáis de ser o equipo menos goleado e o Bacalhau, que por segundo ano consecutivo facíase co trofeo ao equipo máis deportivo.
Na liga e copa de fútbol sala do concello de Vedra 2013-2014 participaron 16 equipos, as competicións duraron dende outubro de 2013 ata abril de 2014.

lunes, 7 de abril de 2014

COMEZO DO CURSO DE MONITORAXE DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE VEDRA.

O Centro de Formación Municipal de Vedra acolle dende esta pasada fin de semana ata mediados do mes de maio un Curso Intensivo de Monitoraxe para o tempo libre, organizado polos Concellos de Vedra e Boqueixón e impartido pola Escola de Tempo Libre Aloumiña.

viernes, 4 de abril de 2014

FINAL DA COPA DE FUTBOL SALA CONCELLO DE VEDRA

O próximo luns 7 abril no Pavillón Polideportivo de Vedra dispútase o partido polo 3º e 4º posto e a final da Copa de Fútbol Sala do Concello de Vedra .
 
22.05 H.
3º/4º POSTO:  TALLERES DOPAZO - OS PICHOLEIROS

22.50 H.
FINAL: VENTE VINDO REALE - TABERNA O PATIO CAFÉ BAR A SENRA

 
*A entrega de premios terá lugar unha vez rematada a final da Copa de Futbol Sala do Concello de Vedra 2014.

.. Anímate a pasarte polo pavillón e vivir unha emocionante noite de deporte!!

... CONTINÚA TEATROFILIA

Venres 4 de abril:
  • Ás 21.15: Burlesques (Negreira) con 2033 (+16).
Sábado 5 de abril:
  • Ás 17.00: Actuación profesional Redrum Teatro (Santiago de Compostela) con Moito conto (Infantil)
  • Ás 21.15 h Tira e Afloxa (San Pedro de Vilanova) con O Políjrafo (TP).
Domingo 6 de abril:
  • Ás 16.15: Aula de teatro do CPI de Vedra con O último canto.
  • Ás 19.15 h ARTías Teatro (Santiago de Compostela) con Dixo Pene: a nai que o pariu.