viernes, 30 de mayo de 2014

13ª Volta ciclista á provincia da Coruña

O próximo venres día 6 de xuño comeza a 13ª Volta  ciclista á provincia da Coruña que constará de 3 etapas. A primeira etapa Vedra - Vedra,  constará dun circuíto de 128,4 km de lonxitude. A meta – saída estará situada no Pazo de Ortigueira e o circuíto percorrerá todas as parroquias do noso concello, e na maioría delas ata dúas veces.

Durante o transcurso da proba haberá cortes puntuais de pistas, e contarase con todas as medidas de seguridade dispoñibles para facilitar o paso dos ciclistas, polo que vos solicitamos a vosa colaboración, ao igual que na anterior Volta ciclista a España, para  que o transcurso da proba discorra coa maior seguridade posible.

Precisamos voluntarios de cada parroquia para regular o trafico  e aportar seguridade nos cruces do itinerario. A proba celebrase entre as 14:00 e as 17:00 horas, aínda que os voluntarios só terán que estar nas horas que pase pola súa parroquia. Na vindeira semana distribuiremos os horarios detallados. Todos os voluntarios estarán identificados cunha camiseta específica da volta para que sexan visibles.

Facemosvos un chamamento e contamos con vós. Todo aquel voluntario que estea interesado en participar, que nolo faga saber no teléfono 981814691 ou no mail cultura@concellodevedra.com .

 
 
 


miércoles, 28 de mayo de 2014

III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

O concello de Vedra que conta coa Ruta do viño Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla (http://doriasbaixas.com/public/ficheros/rutas/Mapa%20Ribeira%20do%20Ulla.pdf ) participa nas ·III Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia.

A celebración das III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia –que terán lugar as fins de semana do 31 de maio e 1 de xuño nas Rías Baixas e no Ribeiro e os días 7 e 8 de xuño en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras– bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis a experiencia de facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos. Por iso, propoñémosche un paseo entre viñedos.

O Bus do Viño

O sábado 31 de maio sairán autobuses dende Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo para facer diferentes visitas pola D.O. Rías Baixas. En cada ruta visitaranse algunhas das adegas participantes nas Xornadas e o xantar terá lugar nun dos restaurantes adheridos á promoción.

En todo momento os asistentes estarán acompañados por un guía turístico. O autobús levará o distintivo das “III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”.

Actividade gratuíta para os participantes nas III Xornadas (agás o xantar, non incluído). Aforo limitado.

Máis información e reservas en 986 091 088 ou en info@rutadelvinoriasbaixas.com


lunes, 26 de mayo de 2014

FESTIVAL DE CLAUSURA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS



DATA:  mates 27 de maio

HORA: ás 17:00 horas

LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes

Os participantes das Escolas Deportivas de Patinaxe, Baloncesto e Karate realizarán unha mostra -exhibición das habilidades  adquiridas durante este curso que xa remata.


Durante a xornada contaremos cunha exhibición sorpresa e inchabes para os nenos e nenas.

miércoles, 14 de mayo de 2014

CONCERTO DE MUSICA FOLK


As Letras Galegas en Vedra están con...Tomás Antón Pereiras Gómez


A festividade das Letras Galegas este ano homenaxea ao poeta Xosé María Díaz Castro,... aínda así o Concello de Vedra aproveitará unha ocasión tan cultural para convertela nunha homenaxe moi especial ao “escribidor” vedrés de nacemento e de corazón Tomás Antón Pereiras Gómez.

DATA:   O VENRES 16 DE MAIO
LUGAR: A CASA DO ESCRITOR, ( Pousada nº 10 - Vedra)
HORA:  ÁS 20.00 h
 
* Ao remate haberá un viño galego.

* O Concello de Vedra e  María Nieves de Pereiras teñen o pracer de convidalos a este  sentido acto

miércoles, 7 de mayo de 2014

FOLIADA EN TROBE


“Exposición de Pintura de Silvia de Loño”

DATA: O VENRES 9 DE MAIO
            HORA ás 20.30 h
         LUGAR:  Museo Paz Camps

* Esta exposición estará aberta ao público os días
10, 11, 17 e 18 de maio
En horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h

lunes, 5 de mayo de 2014

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014

O Concello de Vedra conta con 3 prazas para participar nos Campamentos Deportivos 2014 promovidos pola Deputación da Coruña.

QUEN PODE PREINCRIBIRSE? Os nenos e as nenas nados ou nadas nos anos 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004.

CANTO CUSTA? 85 € por persoa

DATAS: Do 29 de xuño ao 5 de xullo

PREINSCRICIÓNS NO TELÉFONO 981 814 691
ANTES DO 19 DE MAIO!!

*De superar o número de inscricións ao número de prazas asignadas pola Deputación, o 19 de maio realizarase ás 12.00 h sorteo público ante o secretario municipal.

*Nesa mesma data poñerémonos en contacto coas persoas seleccionadas ao chou, e estas deberán achegar a documentación que lle será indicada (datos persoais, xustificante de pagamento,…) para ser presentada na Deputación da Coruña.

Participa!!