miércoles, 23 de julio de 2014

TABERNAS DA ULLA. PASAPORTE

O proxecto “Tabernas da Ulla” está subvencionado no marco dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e cofinanciado con Fondos Feder. Integra unha rede de 16 establecementos de restauración (bares, mesóns, restaurantes…) do Concello de Vedra onde se poden atopar as mellores opcións para desfrutar da gastronomía do noso concello.

Os establecementos adheridos a esta marca son: Restaurante Villaverde, Restaurante Roberto, O Cruceiro, O Churrasco de Juanito, Café-Bar A Terraza, Café-Bar Reviratazas, Café-Bar O Patio, Cafetería Quenllas. Café-Bar Martiño, Taberna Mosqueiro, A Taberna do Ferrador, Café-Bar A Dorna, Café-Bar Casal de Neira, Cervexería A Liada, Café-Bar O Fogar do Avó e Bar Barreiro.

Entre as accións previstas por “Tabernas da Ulla”, destaca: O Pasaporte, que se ven de presentar o pasado mes e que estará en funcionamento dende o 17 de xullo ata o 31 de decembro.

Os usuarios do Pasaporte que o presenten debidamente cumprimentado, e selado por todos os establecementos, terán dereito a un agasallo seguro ata finalización de stock, a elixir entre: a) Un producto enogastronómico (botella de viño D.O. Rias Baixas- Subzona Ribeira da Ulla), b) Unha camiseta de “Tabernas da Ulla”; son premios directos ata finalizacion de stock. Ademais entrarán no sorteo dunha fin de semana de Hotel Balneario, con tratamento termal incluído e réxime de media pensión.

Faite co teu pasaporte nos establecementos adheridos e participa da promoción!!!!!!!!


miércoles, 16 de julio de 2014

Presentación do proxecto “Tabernas da Ulla”

O xoves 17 de xullo ás 12.30 h 

na Aula Gastro-Cultural da Praza de Abastos de Santiago de Compostela,
presentación do proxecto 
“Tabernas da Ulla”

Que integra unha rede de establecementos nos que atoparás as mellores opcións para gozar da gastronomia do Concello de Vedra.



REUNION LUVAS VERDES.

A Concellería de Medioambiente impulsou un programa de voluntariado ambiental chamado “LUVAS VERDES” que busca a concienciación e implicación da veciñanza no respeto e coidado dos espazos públicos.
Os espazos públicos como os parques, as contornas das igrexas, os campos da festa, as áreas de recreo, os centros culturais e deportivos… son lugares de paso, de encontro entre persoas e de relación entre veciños e veciñas. O mantemento destes espazos como por exemplo, reparar as desfeitas ou arranxar o mobiliario urbano estragado, correspóndelle ao  concello, pero é responsabilidade de todos os usuarios e usuarias conservalos.
Con estas premisas no pensamento, queremos convocar a todas as asociacións do concello a unha reunión  para impulsar, organizar e coordinar este programa de voluntariado ambiental e así conseguir entre todos crear un proxecto o máis axustado posible a realidade do concello e da veciñanza.
Cando?: O XOVES 17 DE XULLO ÁS 20:30 NA CASA DO CONCELLO

NON FALTEDES!!!

viernes, 4 de julio de 2014

Aluguer de Piraguas e Barcas do Ulla na Área de Recreo de Agronovo

O Concello de Vedra infórmate de que ao longo dos meses de xullo e agosto, todos os sábados e domingos pola tarde  entre as 16:00 e 20:00 h. poderase acceder libremente ás Piraguas e ás Barcas do Ulla mediante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta actividade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!


jueves, 3 de julio de 2014

EN XULLO ABRE AO PÚBLICO O SERVIZO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE VEDRA...

Coincidindo co verán o Concello de Vedra pon en marcha este servizo que funcionará nos meses de xullo e agosto de martes a domingo cos seguintes horarios:

Na Casa Rectoral de Ponte Ulla:
- De martes a venres de 10 a 14 h
- Os sábados e Domingos de 11 a 14 h
Na Casa dos Peóns:
     - De martes a domingo de 16 a 19 h

*Os teléfonos de atención ao turista son: 669 450 804 e 981 814 612


*Ademáis todos os establecementos hostaleiros adheridos a “Tabernas da Ulla”, contarán con material promocional do concello

SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS “PORTA A PORTA”


COREGAL é a empresa xestora do servizo de recollida de voluminosos “porta a porta” no noso concello. Este é un servizo GRATUÍTO  e que pretende facilitar a veciñanza a correcta xestión dos residuos xerados no seus fogares.

Recolllen o primeiro e terceiro venres de cada mes  en horario de mañá, en xullo o primeiro día será mañá día 4, recorda que atenderán todas as solicitudes feitas ata as 17 horas do día de hoxe

TELÉFONO DE SOLICITUDES PARA A RECOLLIDA: 981 57 12 41