martes, 18 de noviembre de 2014

VIII XORNADAS DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA. VEDRA EN CIENCIA 2014

 


“Somos auga”

FUNDAMENTACION
Esta nova edición do programa Vedra en Ciencia  plantexase no marco da Década da Auga, 2005-2015: Decenio Internacional para a acción da “AUGA, FONTE DE VIDA”  que pretende contribuír ao aumento do coñecemento da cultura científica da poboación en torno a un ben tan importante como a auga.

A auga é un elemento esencial para manter as nosas vidas. O acceso a auga potable reduce a expansión de moitas enfermidades infecciosas. Necesidades vitais humanas, como o abastecemento de alimentos dependen dela. Os recursos enerxéticos e as actividades industriais que necesitamos tamén dependen da auga.

A auga participa de cada proceso da nosa vida cotiá. Esta presente na terra, na atmosfera, nos seres vivos, nas plantas,… a súa presenza é vital non solo como elemento constituínte senón tamén como medio para obter outros produtos.

Entre os seus diversos usos atopamos que é indispensable na agricultura, na gandería, na industria, como fonte de enerxía, nos fogares.... é fundamental para a vida, e ao mesmo tempo é un recurso fráxil e vulnerable que debemos coidar e usar de maneiras sostibles e duradeiras no tempo.

Pretendemos crear un foro de ideas sobre o inmenso e ao mesmo tempo fráxil que é este recurso para a humanidade e para o medio que nos rodea. Esperamos que Vedra en Ciencia 2014 se presente como un lugar de encontro para o intercambio de propostas, proxectos e coñecementos para o ben de tódolos  participantes e do medio ambiente que nos rodea.


lunes, 10 de noviembre de 2014

Entretempo de outono en Vedra

 Esta pasada fin de semana Vedra desenvolveu o seu programa de Entretempo de Outono.
A tarde do venres no Museo Paz Camps foi tarde de marionetas cun obradoiro desenvolvido por dúas integrantes do colectivo 15885 (Esmeralda e Elena) que cun grupo de 20 nenos e nenas pasaron unha tarde do máis creativa.

Ás 21 h na biblioteca de Vedra chegou o momento do inicio das xornadas micolóxicas organizadas coa colaboración da Asociación Medioambiental AMABUL, cunha charla formativa sobre “Introducción á micoloxía. Cogomelos e  sostibilidade” dirixida polo biólogo Borja Gómez Prado e na que participaron arredor de 40 asistentes.

Estas xornadas serían               complementadas na mañá do sábado cunha saída polos montes de Vedra, que desluciu a causa das malas condicións metereolóxicas.

  

E no serán do sábado o centro sociocultural acolleu o Magosto Municipal, no que non faltaron por suposto as castañas, pero tamén foron protagonistas os doces caseiros presentados a concurso.
En total foron 14 doces que arroupados por catro mesas doces de outros tantos establecementos de Vedra que fixeron as delicias das persoas asistentes.
O xurado tivo unha difícil tarefa mais este foi o seu resultado:
3º premio: María Rosa Nodar cunha torta de mazá.
2º premio para Emilio Barros cun biscoito de chocolate ao viño tinto.
1º premio para Cándida Fernández Pazos

O baile e a festa acompañaron a esta iniciativa arredor das castañas e deste tempo de outono!!

viernes, 7 de noviembre de 2014

XA ESTAMOS NO ... ENTRETEMPO DE OUTONO


VENRES 7 DE NOVEMBRO

* ÁS 17.30 H OBRADOIRO ARTÍSTICO CO 15885
... Estreamonos coas marionetas da man de Elena e Esmeralda, do colectivo 15885.

*ÁS 21.00 H CHARLA MICOLÓXICA NA BIBLIOTECA DE VEDRA
Iniciativa organizada pola Asociación Medioambiental AMABUL

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO:
- Ás 10.00 H  da mañá SAÍDA MICOLÓXICA, punto de encontro no pavillón de Vedra

... POLA TARDE:
... MAGOSTO MUNICIPAL NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

HABERÁ:
- CONCURSO DE DOCES CASEIROS!!
- MESAS DOCES!!
- MAGOSTO !!
- BAILE!!

... E MOITA FESTA DENDE AS 19 H!!!



martes, 4 de noviembre de 2014

OBRADOIROS CREATIVOS DO COLECTIVO 15885



Tes entre 5 e 10 anos?


Queres vir facer M A R I O N E T A S co Colectivo 15885?

Chama XA ao 981 81 4 691.

Este venres das 17:00 ás 19:00 horas no museo Paz Camps, Esmeralda e Elena, integrantes do Colectivo 15885, dan comezo á primeira das sesión dos obradoiros de Artes Plásticas para nen@s que van impartir nos seguintes meses no Museo Paz Camps.

Neste primeiro taller as protagonistas son as marionetas, que imos facer aproveitando materiais reciclados, teas e, como non, a imaxinación, órgano vital para potenciar a creatividade.

Así que xa sabes, se queres vir a pasar un bo rato e de paso marchar cunha marioneta feita por ti, vén connosco!


Prezo: 5 euros por nen@ (materiais incluídos)