martes, 10 de febrero de 2015

ENTROIDO MUNICIPAL DE VEDRA

BASES DOS CONCURSOS DE DISFRACES
ENTROIDO MUNICIPAL 2015
CATEGORÍA DE CARROZAS
Requisitos: Ter unha temática, unha plataforma móvil e estar formada por un mínimo de 8 persoas.
1º clasificado: 100 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

PARRANDAS CANTAREIRAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e contar con música e cantares.
1º clasificado: 100 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

COMPARSAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e ter unha temática.
1º clasificado: 70 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 70 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

DISFRACES EN GRUPO
Requisitos: Ter entre 3 e 7 integrantes de calquera idade.
1º clasificado: 40 € e unha dúcia de chourizos.
2º clasificado: 40 € e un monllo de grelos.

DISFRACES EN PARELLA
A mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: Un agasallo.
A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: Unha cea para dúas persoas.

DISFRACES INDIVIDUAIS
O mellor disfraz de 10 a 16 anos: Un agasallo.
O mellor disfraz de máis de 16 anos: Unha cea para dúas persoas.

*TODOS OS NENOS E NENAS DISFRAZADOS DE ENTRE 0 E 10 ANOS
RECIBIRÁN O SEU AGASALLO DE PARTICIPACIÓN.
+ info no teléfono 981 814 691 ou no correo cultura@concellodevedra.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario