lunes, 9 de marzo de 2015

FIN DA PROGRAMACIÓN DAS XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA


A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla e o Concello de Vedra puxeron fin á programación das XX Xornadas Arredor da Camelia esta pasada fin de semana coa excursión  ao Pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada. 
O grupo gozou dun día de verán para a visita guiada ao pazo que culminou cunha degustación de viños e un aperitivo nas bodegas de Pazo de Rubians. Despois do xantar no porto de Vilagarcía visitamos, acompañados dun guía, a Illa de Cortegada. 


O xoves anterior, no centro de formación municipal de Vedra, realizouse a charla coloquio sobre os principais problemas e enfermidade da camelia, impartida por Pedro Mansilla, responsable da Estación fitopatolóxica do Areeiro e dedicado á investigación práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal e agraria. No coloquio participaron máis dunha ducia de persoas, sendo unha experiencia moi positiva segundo as impresións das persoas asistentes e complementando a parte formativa das xornadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario