lunes, 16 de marzo de 2015

II GALA DO DEPORTE NO CONCELLO DE VEDRA

O venres 13 de marzo Vedra homenaxeou ao seu deporte e aos seus e súas deportistas e fixoo cun acto presentado e conducido pola xornalista vedresa Inés Dopazo e coa intención de principio a fin de premiar e felicitar a cada unha das persoas que co seu compromiso, o seu amor e a súa vosa afección e adicación para co deporte, fan que este teña un oco cada vez maior na historia municipal.

Dende logo foi o momento de botar a vista atrás  e analizar os resultados acadados entre abril de 2013 e decembro de 2014 (este sería o período valorado)

A gala contou coa presencia dos clubs deportivos, dos departamentos de deporte dos centros educativos, das  asociacións deportivas  e tamén culturais e de veciños, das empresas que colaboran sempre na medida das súas posibilidades, dos familiares e achegados que sufren e fan posible que os nosos deportistas poidan desenvolver as súas actividade, ...e cunha amplia representación da corporación municipal.

Pero non nos podemos esquecer do noso convidado de honra, Óscar Pereiro. Exemplo  irrefutable de compromiso para co deporte e que na xornada de onte se gañou o cariño e simpatía de todas as persoas presentes e cunha cercanía que a organización lle agradeceu transmiteu os valores deportivos por excelencia: o compromiso, o tesón, a confianza, o compañeirismo,... chegando en algún momento a recordar os seus inicios...   

Nesta segunda gala do deporte que deixou os seguintes gañadores e gañadoras:

Gañadora da Categoría “Mellor deportista de base feminina abril 2013 decembro 2014.  Carla Pérez Corral (Club Olímpico de Vedra)

Gañador da categoría “Mellor deportista de base masculino abril 2013 decembro 2014”. Víctor Bouzón García (Club Olímpico de Vedra)

Gañadoras da categoría “Mellor equipo de base feminino 2013 decembro 2014”: Equipo Benxamín do CEIP Ortigueira
Gañadores categoría “Mellor equipo de base masculino 2013 decembro 2014”: Equipo infantil Escola Deportiva Val do Ulla

Premio especial do xurado á mellor contribución ao deporte  municipal: Manuel Adolfo Silva Fernández (un dos momentos máis emotivos e aplaudidos da noite)

Premio especial do xurado á mellor iniciativa deportiva competivan ou non competitiva orgnaizada no concello: A Carreira Popular de Vedra
Gañadora da Categoría “Mellor deportista promesa feminina abril 2013 decembro 2014”: Alba Gil Crespo (F.S.F. Vedra)

Gañador da Categoría “Mellor deportista de promesa masculino abril 2013 decembro 2014”: Anxo Lema Saavedra

Equipo gañador da Categoría “Mellor equipo promesa masculino abril 2013 decembro 2014”: Equipo xuvenil da E.D. Val do Ulla

Premio especial do xurado á contribución empresearial ao deporte municipal:
Alquimao S.L.
Ramsa: rocas, arcillas y minerales S.A.
Grupo Ulla

Premio especial do xurado á mellor traxectoria deportiva : José Neira Torres (E.D. val do Ulla

Gañadora da categoría “Mellor deportista feminina”: Lorena Sanín Sánchez

Gañador da categoría “Mellor deportista masculino”: Cristian Ingelmo Rodríguez

Premio especial do xurado “Lenda do Deporte Galego”: Óscar Pereiro


Dende logo foi unha xornada inesquecible para todos e todas e quedaron moitas gañas de repetir a experiencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario