lunes, 27 de abril de 2015

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia abre o prazo de presentación de solicitudes do
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015
Un programa que oferta estadías de 10 días e 9 noites con tratamentos termais, aloxamento, manutención e animación sociocultural nos seguintes establecementos, quendas e prezos:

ESTABLECEMENTO
QUENDA
PREZO
ACUÑA
do 16 ao 26 de xuño
e do 30 de setembro ao 9 de outubro
377,50 €
ARNOIA

do 7 ao 16 de xullo
377,50 €
AUGAS SANTAS

do 7 ao 15 de xullo
398,61 €
BAÑOS DA BREA
do 22 de xuño ao 1 de xullo
e do 2 ao 11 de xullo
377,50 €
BAÑOS DE MOLGAS
do 3 ao 12 de xullo
e do 14 ao 23 de setembro
316,64 €
CALDELAS DE TUI

do 28 de setembro ao 7 de outubro
316,64 €
GRAN BALNEARIO (CARBALLIÑO)
do 18 ao 27 de xuño
e do 17 ao 24 de setembro
316,64 €
CARBALLO
do 6 ao 15, do 18 ao 27 de xullo
e do 17 ao 26 de setembro
377,50 €
TERMAS DE CUNTIS
do 22 de xuño ao 1 de xullo, do 1 ao 10 de xullo, do 22 de setembro ao 1 de outubro e do 1 ao 10 de outubro
398,61 €
LAIAS CALDARIA

do 25 de xuño ao 4 de xullo
398,61 €
LOBIOS CALDARIA

do 13 ao 22 de outubro
377,50 €
RÍO PAMBRE

do 16 ao 25 de xuño
377,50 €
TERMAS ROMANAS
do 23 de xuño ao 2 de xullo, do 3 ao 12, do 13 ao 22 de xullo, do 23 de xullo ao 1 de agosto, do 25 de agosto ao 3 de setembro e do 4 ao 13 de setembro
398,61 €

Para solicitar a participación neste programa teñen que cumprirse os seguintes requisitos:
- Ser maior de 60 anos ou pensionista maior de 55 anos para pensionista da Seguridade Social (xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións)
- Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria
- Non padecer enfermidades infecto-contaxiosas ou trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da quenda.
- Tamén poden participara os fillos/as cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DÍA 13 DE MAIO DE 2015

Se tes interese neste programa e queres solititar a túa participación ou máis información dirixete ao Departamento de Servizos Sociais Comunitarios en horario de luns, xoves ou venres de 8.30 a 14 h

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150424/AnuncioCA05-210415-0010_gl.pdf

jueves, 23 de abril de 2015

Mellor oliveira monumental de España

Unha oliveira do Pazo de Ortigueira da Santa Cruz de Ribadulla, gaña o Premio AEMO 2015 ao Mellor Oliveira Monumental de España

Foi concedido a un exemplar integrado neste maxestoso conxunto de oliveiras cuxo arboredo debuxa unha singular retícula de árbores centenarias que vexetan desde o século XVI e que foron recoñecidas pola Xunta como formacións senlleiras de Galicia.

O xurado, reunido en Córdoba o 14 de abril, destacou a singularidade e a beleza da paisaxe da contorna da que forma parte a árbore premiada, un conxunto de oliveiras centenarias que forman unha singular retícula de camiños ortogonais con máis de 500 exemplares de máis de cinco séculos de vida.

DÍA DO LIBRO


"un libro abierto es un cerebro que habla: cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora…"

proverbio hindú

miércoles, 22 de abril de 2015

FINAL LIGA E COPA DE FUTBOL SALA


Este luns disputouse a final da copa de futbol sala 2015, coa que se pon fin a tempada 2014-2015 das competicións de fútbol sala organizadas no polideportivo municipal polo concello de Vedra.

O equipo vencedor da Copa foi Os Picholeiros, que se impuxo na final por 2 a 0 ao Cervecería la Liga que foi o subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Guadalupe tras superar no partido polo terceiro e cuarto posto nos penaltis ao Taberna do Patio-Café Bar A Senra.

O alcalde Carlos Martínez, nun acto conxunto tamén fixo a entrega de trofeos aos vencedores da liga 2014-2015, onde o campión foi o Vente Vindo, o segundo clasificado os Hígados Prodigiosos e o terceiro clasificado o Cervecería la Liga.

Os conxuntos que recibiron trofeo por ser o máis goleador e o menos goleado foron respectivamente o Vente-Vindo e os Hígados Prodigiosos e o trofeo ao equipo máis deportivo foi para o Maloserá.


Así pois péchase a tempada de fútbol sala 2014-2015 e soamente se queda a espera da disputa do torneo intermunicipal, que este ano se celebrará en Touro, e onde o equipo que representará ao concello de Vedra será o Vente Vindo, como vencedor da liga.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “Unitarias”


O vindeiro sábado 25 de abril vaise a proxectar en Vedra o  documental “Unitarias” que foi gravado a finais do curso pasado no CRA de Boqueixón – Vedra  en concreto na escola de San Xián de Sales polo que participaron numerosos nenos e nenas desta escola, ademais dos pais e dos mestres que forman parte do CRA.

O documental narra a experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.

DATA: 25 de abril
LUGAR: Centro Sociocultural do Burgo

HORA: 20:00 h.

lunes, 20 de abril de 2015

Obradoiro: ‘Incubadora de Proxectos’

Esta acción formativa-informativa pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos.
Esta iniciativa tamén pretenden potenciar o talento e o liderado xuvenil.


Ademais, este obradoiro busca a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.



No obradoiro facilitarase información sobre os programas Erasmus+, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade, actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís co mundo laboral e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas educativos, formativos e as institucións democráticas.



Día: vernes 24 de abril
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Municipal de Formación (Estación do Tren de Santa Cruz)

Máis información e inscrición: no Departamento de Cultura, no Tfno.: 981814691 ou en cultura@concellodevedra.com