lunes, 20 de abril de 2015

Obradoiro: ‘Incubadora de Proxectos’

Esta acción formativa-informativa pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos.
Esta iniciativa tamén pretenden potenciar o talento e o liderado xuvenil.


Ademais, este obradoiro busca a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.



No obradoiro facilitarase información sobre os programas Erasmus+, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade, actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís co mundo laboral e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas educativos, formativos e as institucións democráticas.



Día: vernes 24 de abril
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Municipal de Formación (Estación do Tren de Santa Cruz)

Máis información e inscrición: no Departamento de Cultura, no Tfno.: 981814691 ou en cultura@concellodevedra.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario