viernes, 12 de junio de 2015

A pesca fluvial


O concello de Vedra forma parte do territorio que constitúe Área Santiago, grupo de dezaseis concellos da zona de Santiago de Compostela que traballamos na promoción turística conxunta e que abrangue o sur da provincia da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra, separadas ambas as dúas polo río Ulla, que fai de fronteira natural.

Precisamente, un dos principais elementos que definen este territorio é a presenza de dous dos principais recursos hídricos de Galicia, tanto por caudal coma pola súa riqueza natural, paisaxística e mesmo cultural: o Sistema Fluvial Ulla-Deza, do que forma parte o noso concello, e que a delimita polo sur, e o río Tambre e os seus afluentes, que a demarcan polo norte.

A riqueza piscícola (troitas, salmóns, lampreas, reos e escalos) conxúgase nestes contornos cunha variada fauna e flora, composta por plantas e árbores de ribeira e especies acuáticas de gran vistosidade, pero tamén a existencia dun importante patrimonio descoñecido de muíños, pesqueiras, represas, sendeiros, etc, de indubidable interese para viaxeiros interesados no coñecemento do medio natural.

Así, o obxectivo xeral de Área Santiago é fomentar o aproveitamento turístico dos nosos ríos, a través da práctica de deportes fluviais: principalmente a pesca (pero tamén o sendeirismo fluvial - como exemplo o proxecto “Goza do Ulla” que iniciamos fai uns anos-, o rafting, descenso en kaiak, piragüismo, etc.) e do seu patrimonio natural e cultural asociado (muíños, represas, pontes, etc.).
Por elo, durante os últimos meses de 2014 desde Área Santiago vimos traballando na configuración do produto turístico de pesca fluvial, tanto na información que precisa o visitante pescador como na formación de sector turístico relacionado, neste caso os establecementos de turismo rural que actúan como anfitrións.

V Copa de Fútbol 8 "Val do Ulla"

Esta fin de semana...
volve o fútbol!!!!!!!!!!!!!!

Circuito Galego de Teatro Amador en Vedra

Esta é a última fin de semana para gozar do Circuito Galego de Teatro Amador en Vedra!!!!!!!!!!



miércoles, 10 de junio de 2015

APERTURA DA PISCINA MUNCIPAL DE VEDRA


Coa chegada do verán e da calor... volve a abrir as súas portas
a piscina de Vedra a partir deste sábado día 13 de xuño.

... Gozaa e lembra que en xullo e agosto contará con actividades, cursos,...

HORARIO:
DE LUNS A VENRES DE 15 A 21 H

SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS DE 16 A 21 H

viernes, 5 de junio de 2015

III TORNEO C.D. SAN MAMED


ESTA FIN DE SEMANA VOLVE O TEATRO


Árbores con historia

A Ruta árbores con historia é unha iniciativa da Xunta de Galicia para poñer en valor as árbores e formacións senlleiras incluídas no catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Catálogo do que forman parte numerosas especies que se atopan no noso concello, máis concretamente no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, considerado o pazo máis importante de Galicia a nivel botánico, e que forma parte da Ruta da camelia.

VEDRA CO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


jueves, 4 de junio de 2015

IV Xornadas das Rutas dos Viños de Galicia

O  concello de Vedra está presente nas IV Xornadas das Rutas dos Viños de Galicia.

Os días 6 e 7 de xuño tócalle ás DO Rías Baixas, da que forma parte o concello de Vedra na subzona Ribeira do Ulla, e á DO Ribeiro.

Nas IV Xornadas poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes na promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.

Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, no seguinte horario:
Sábado: ás 11.30h e ás 13.00h / ás 18.30h
Domingo pola mañá: ás 12.00h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente.
Máis información:

http://www.turgalicia.es/presentacion-4-xornadas-ruta-dos-vinos?langId=gl_ES

PROGRAMA EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONCELLO DE VEDRA

O concello de Vedra pretende seguir a impulsar esta programa de compostaxe doméstica.

O programa consiste en recuperar unha práctica tradicional en Galicia, separando os residuos orgánicos para elaborar o noso propio abono. O compost xerado por nos mesmos é un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo e as plantas e ademáis contribúe a:
  1. reducir o volume de residuos producidos
  2. minimizar  o uso excesivo de fertilizantes químicos
  3. reducir a frecuencia de recollida dos colectores xenéricos por parte dos servizos municipais, e así reducir o custo da recollida de lixo.

O día 5 de xuño (Día mundial do Medio Ambiente) na Biblioteca municipal de Vedra ás 20:00 horas, vaiselle facer entrega dun composteiro a todas as persoas que xa se inscribiron na anterior campaña.

Se estás interesado en participar neste programa e facerte co teu composteiro podes facelo asistindo  a esta charla- coloquio.

Podes solicitar mais información no teléfono 981 814 691 ou a través do correo casadospeons@concellodevedra.com.



... NOVOS ÉXITOS DOS ATLETAS DE VEDRA



Que a pasada fin de semana participaron nas distintas disciplinas deportivas do Camionato Provincial de Atletismo (XOGADE) celebrado no campo da Malata en Ferrol , con máis de 20 medallas. 



Parabéns a todos e cada un dos participantes e dos gañadores!!


FESTIVAL FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VEDRA

Con maio acabaron as actividades das escolas deportivas municipais e para celebralo o pavillón municipal de Vedra reuniu aos máis de 120 alumnos das súas escolas deportivas para ofrecer ao público (ateigado de familiares e amigos) unha exhibición de todo o practicado durante o curso 2014-2015: karate, patinaxe, baile moderno e baloncesto.
O broche de ouro desta xornada chegou da man da patinadora profesional Nadia Iglesias do Salvador, que fixo as delicias do público coa súa exhibición.
Durante o mes de xuño continuarán as actividades deportivas para persoas adultas e nos meses estivais de xullo e agosto estas actividades tomaranse un merecido descanso, pois nesta tempada o pavillón recibiu arredor de 600 persoas usuarias semanalmente.
HORARIO DE VERÁN:
Nos meses de verán as instalacións será de 19 h a
00 h para o aluguer da pista e de 19 h a 23.30 h para o ximnasio.