martes, 6 de octubre de 2015

VEDRA DE TAPAS 2015

O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local.

Bases:

1) ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN: o roteiro - concurso “Vedra de Tapas”, correspondente a 2015, ten ámbito xeográfico circunscrito aos límites do Concello de Vedra, podendo participar no mesmo calquera establecemento do municipio, pertencente á marca “Tabernas da Ulla”.

2) OBXECTO DE PARTICIPACIÓN: O establecemento participante deberá elaborar como máximo dúas tapas, sendo os ingredientes de libre elección, a un prezo de venta ó público de 1,50 € cada tapa.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais; Subzona Ribeira do Ulla-D.O. Rías Baixas, o prezo de venta ó público será de 3,00 €

3) INSCRICIÓN: A inscrición no roteiro - concurso é gratuíta para tódolos establecementos.

4) DIFUSIÓN E MATERIAL DE PARTICIPACIÓN: O Concello de Vedra distribuirá entre a hostalería participante cartelería e cartillas de puntuación. Os hostaleiros terán unha urna para que os clientes depositen as súas cartillas.
Estas cartillas de participación estarán a disposición dos clientes nos locais participantes ou na Casa do Concello.
Así mesmo, contarase con difusión do roteiro-concurso no facebook, no blog e na páxina web municipais.

5) MODO E PERIODO DE PARTICIPACIÓN: as tapas presentadas a concurso deberán estar anunciadas, expostas de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18 de outubro de 2015, en
horario de 12:00 a 15:00 h. e de 19:00 a 22:30 h.
(Horarios: Venres: noite / Sábados, domingos e festivo: mediodía e noite)
Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto en lugar visible o cartel anunciador do concurso e a urna para depositar as papeletas do concurso.

6) MODALIDADE DE VOTACIÓN: cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casilla correspondente ó seu establecemento.
Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos
Outorgaranse un 1º, 2º e 3º premio ás mellores tapas.

7) SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartiña de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
Quen cubra a cartilla cos selos de como mínimo 5 establecementos participará nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Un lote de produtos locais.
-1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar nalgún dos establecementos do concello.

Quen cubra a cartilla cos selos de como mínimo 8 establecementos participará nos sorteos de:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…
-100 €

Quen cubra a cartilla cos selos dos 12 establecementos participantes entrará no sorteo de 200 €
Para os agasallos de grupo:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:
A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.

8) RECOLLIDA DE VOTOS: Os hosteleiros participantes entregarán o martes 20 de outubro de 2015 as urnas na Casa do Concello, e farase o reconto de votos de 12:00 a 14:00 h.
Non será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto. Non será válida ningunha papeleta que non cumpra os requisitos esixidos.

9) RESOLUCIÓN E AGASALLOS: O 22 de outubro de 2015, daranse a coñecer as tapas gañadoras na Casa do Concello.
Así mesmo farase a entrega dos agasallos ós gañadores/as no sorteo levado a cabo o mesmo día do reconto.
O ganador autoriza ó Concello de Vedra a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe, en calquera actividade pública e promocional, relacionada co concurso no que resultou gañador, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio.

10) RECLAMACIÓNS: O período de reclamación sobre o resultado do concurso e sorteos finalizará transcorridos dez(10) días naturais desde a data de publicación dos resultados de cada un dos sorteos.

11) ACEPTACIÓN DAS BASES: a participación no Roteiro – Concurso “Vedra de Tapas” implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

12) MODIFICACION DE BASES E SUSPENSIÓN DO SORTEO: o Concello de Vedra, resérvase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases,
comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

13) RESPONSABILIDADES ALLEAS: En ningún caso o Concello de Vedra será responsable dos servizos que calquera outra entidade coa que esta colabore,preste.

14) DEPÓSITO: As presentes bases aparecerán recollidas e dispoñibles ó público na páxina Web “www.concellodevedra.com”.

15) XURISDICCIÓN: Para o coñecemento de calquera litixio que puidese suscitarse en canto á interpretación ou aplicación das presentes Bases, tanto o Concello de Vedra como os participantes no roteiro-concurso, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de
Santiago, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese
corresponderlles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario