jueves, 30 de abril de 2015
lunes, 27 de abril de 2015
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015
A
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia abre o prazo de
presentación de solicitudes do
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
2015
Un
programa que oferta estadías de 10 días e 9 noites con tratamentos termais,
aloxamento, manutención e animación sociocultural nos seguintes establecementos,
quendas e prezos:
ESTABLECEMENTO
|
QUENDA
|
PREZO
|
ACUÑA
|
do 16 ao 26 de xuño
e do 30 de setembro ao 9 de outubro
|
377,50 €
|
ARNOIA
|
do 7 ao
16 de xullo
|
377,50
€
|
AUGAS
SANTAS
|
do 7 ao
15 de xullo
|
398,61
€
|
BAÑOS DA
BREA
|
do 22 de xuño ao 1 de xullo
e do 2 ao 11 de xullo
|
377,50 €
|
BAÑOS
DE MOLGAS
|
do 3 ao 12 de xullo
e do 14 ao 23 de setembro
|
316,64 €
|
CALDELAS
DE TUI
|
do 28 de setembro ao 7 de outubro
|
316,64 €
|
GRAN
BALNEARIO (CARBALLIÑO)
|
do 18 ao 27 de xuño
e do 17 ao 24 de setembro
|
316,64 €
|
CARBALLO
|
do 6 ao 15, do 18 ao 27 de xullo
e do 17 ao 26 de setembro
|
377,50 €
|
TERMAS DE
CUNTIS
|
do 22 de xuño ao 1 de xullo, do 1 ao 10 de xullo, do 22 de
setembro ao 1 de outubro e do 1 ao 10 de outubro
|
398,61
€
|
LAIAS
CALDARIA
|
do 25 de xuño ao 4 de xullo
|
398,61
€
|
LOBIOS
CALDARIA
|
do 13 ao
22 de outubro
|
377,50 €
|
RÍO
PAMBRE
|
do 16 ao
25 de xuño
|
377,50 €
|
TERMAS
ROMANAS
|
do 23 de xuño ao 2 de xullo, do 3 ao 12, do 13 ao 22 de
xullo, do 23 de xullo ao 1 de agosto, do 25 de agosto ao 3 de setembro e do 4 ao 13 de
setembro
|
398,61
€
|
Para solicitar a
participación neste programa teñen que cumprirse os seguintes
requisitos:
- Ser maior de 60 anos ou pensionista maior de 55
anos para pensionista da Seguridade Social (xubilación, invalidez, viuvez ou
outras pensións)
- Valerse por sí mesmo
para as actividades da vida diaria
- Non padecer
enfermidades infecto-contaxiosas ou trastornos mentais ou conductuais que poidan
alterar a convivencia durante o transcurso da quenda.
- Tamén poden
participara os fillos/as cun grao de discapacidade igual ou superior ao
33%
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DÍA
13 DE MAIO DE 2015
Se tes interese neste programa e queres solititar a
túa participación ou máis información dirixete ao Departamento de Servizos
Sociais Comunitarios en horario de luns, xoves ou venres de 8.30 a 14
h
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150424/AnuncioCA05-210415-0010_gl.pdf
viernes, 24 de abril de 2015
jueves, 23 de abril de 2015
Mellor oliveira monumental de España
Unha oliveira do Pazo de Ortigueira da Santa Cruz de Ribadulla, gaña o Premio AEMO 2015 ao Mellor Oliveira Monumental de España
Foi concedido a un exemplar integrado neste maxestoso conxunto de oliveiras cuxo arboredo debuxa unha singular retícula de árbores centenarias que vexetan desde o século XVI e que foron recoñecidas pola Xunta como formacións senlleiras de Galicia.
O xurado, reunido en Córdoba o 14 de abril, destacou a singularidade e a beleza da paisaxe da contorna da que forma parte a árbore premiada, un conxunto de oliveiras centenarias que forman unha singular retícula de camiños ortogonais con máis de 500 exemplares de máis de cinco séculos de vida.
DÍA DO LIBRO
miércoles, 22 de abril de 2015
FINAL LIGA E COPA DE FUTBOL SALA
Este luns disputouse a final da copa de futbol sala 2015,
coa que se pon fin a tempada 2014-2015 das competicións de fútbol sala
organizadas no polideportivo municipal polo concello de Vedra.
O equipo vencedor da Copa foi Os Picholeiros, que se impuxo na final por 2 a 0 ao Cervecería la Liga
que foi o subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Guadalupe tras superar no partido polo
terceiro e cuarto posto nos penaltis ao Taberna
do Patio-Café Bar A Senra.
O alcalde Carlos Martínez, nun acto conxunto tamén fixo a
entrega de trofeos aos vencedores da liga 2014-2015, onde o campión foi o Vente Vindo, o segundo clasificado os Hígados Prodigiosos e o terceiro
clasificado o Cervecería la Liga.
Os conxuntos que recibiron trofeo por ser o máis goleador
e o menos goleado foron respectivamente o Vente-Vindo
e os Hígados Prodigiosos e o trofeo
ao equipo máis deportivo foi para o Maloserá.
Así pois péchase a tempada de fútbol sala 2014-2015 e
soamente se queda a espera da disputa do torneo intermunicipal, que este ano se
celebrará en Touro, e onde o equipo que representará ao concello de Vedra será
o Vente Vindo, como vencedor da liga.
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “Unitarias”
O vindeiro sábado 25 de abril vaise a proxectar en Vedra o documental “Unitarias” que foi gravado a
finais do curso pasado no CRA de Boqueixón – Vedra en concreto na escola de San Xián de Sales
polo que participaron numerosos nenos e nenas desta escola, ademais dos pais e
dos mestres que forman parte do CRA.
O documental narra a experiencia vital e profesional do mestre
José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas
e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación
integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.
DATA: 25 de abril
LUGAR: Centro Sociocultural do Burgo
HORA: 20:00 h.
lunes, 20 de abril de 2015
Obradoiro: ‘Incubadora de Proxectos’
Esta acción formativa-informativa
pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan
previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e
busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e
execución de proxectos.
Esta iniciativa tamén pretenden
potenciar o talento e o liderado xuvenil.
Ademais, este obradoiro busca a
consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de
aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas
capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en
marcha dos seus propios proxectos.
No obradoiro facilitarase
información sobre os programas Erasmus+, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil
e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas
diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade,
actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís
co mundo laboral e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas
educativos, formativos e as institucións democráticas.
Día: vernes 24 de abril
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Municipal de Formación (Estación do
Tren de Santa Cruz)
Máis información e inscrición: no Departamento de
Cultura, no Tfno.: 981814691 ou en cultura@concellodevedra.com
martes, 7 de abril de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)