martes, 19 de enero de 2016

VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS


Vedra, 19 de Xaneiro.

Hoxe tivo lugar na Casa do Concello de Vedra a presentación do VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos. Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino.

No acto de presentación interviron José Viaño (Director do CPI de Vedra), Ramón Lago (membro da ANPA “A BOCA” do CPI de Vedra), Jesús Rodríguez (profesor da USC e membro de Nova Escola e coordinador do seminario), Manuel Costa (Concelleiro de Educación, Turismo e Medio Rural) e Carlos Martínez (Alcalde do Concello de Vedra). Durante a presentación do seminario déronse a coñecer os obxectivos, metodoloxía e destinatarios do mesmo. Entre os obxectivos principais podemos destacar:

Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos
Avaliar os materias didácticos a través de distintos modelos de avaliación
Tomar decisións constructivas respecto dos materiais educativos no propio contexto
Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.

Este seminario está dirixido a familias, docentes, estudantes de ensinanzas universitarias, educadores/as sociais, profesionais do ámbito do ensino… levarase a cabo os días 19, 20 e 21 de Febreiro no CPI de Vedra. Durantes estes tres días haberá mesas de debate, conferencias e diferentes obradoiros (os asistentes poderán escoller entre unha gran variedade dos mesmos). O último día quérese organizar unha visita pola contorna, para que todos os participantes poidan coñecer máis profundamente o Concello de Vedra.


Para máis información e inscripcións:
Web da actividade: http://educationre.wordpress.com
Twitter: @GrupoCAVILA
Tlfn: 981-56-25-77
Correo: neg@mundo-r.com

Que unha actividade destas características teña lugar nun Concello rural como é Vedra, favorece a súa proxeción cara o exterior e pon en valor os seus recursos, a súa xente, e a educación como elemento central de desenvolvemento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario