jueves, 21 de enero de 2016

VIVES EMPRENDE, competencias para o emprendemento de mulleres no rural

O Concello de Vedra e a Fundación Acción Contra el Hambre levarán a cabo durante 2016 dous programas gratuítos para a capacitación e inclusión de mulleres no rural:
·           “VIVES EMPRENDE, competencias para o emprendemento de mulleres no rural”, é un programa de inserción sociolaboral, que pretende facilitar o acceso ao mundo laboral das mulleres desempregadas ou en mellora de emprego.
Neste sentido, no marco do programa vanse desenvolver as seguintes actividades:
·         Sesións de diagnóstico de competencias emprendedoras.
·         Elaboración de Plans Individualizados de Desenvolvemento Emprendedor.
·         Talleres formativos teórico prácticos.
·         Sesións de coaching grupal.
·         Sesións técnicas individualizadas de seguimento e titorización da idea de negocio.

·           “AGROFORMACIÓN: Vedra, Horta de Compostela 2016”, unha acción formativa en materia de horticultura e floricultura. A finalidade da acción formativa é proporcionar ás mulleres interesadas en traballar por conta propia especificamente no ámbito agrícola os coñecementos necesarios para realizar traballos de instalación, mantemento, produción e recolección nunha explotación hortícola ou de flor cortada.

O programa VIVES EMPRENDE diríxese a mulleres residentes en contornas rurais da Comarca de Compostela e o programa AGROFORMACIÓN: Vedra, Horta de Compostela 2016 diríxese exclusivamente a mulleres empadroadas no Concello de Vedra. Ambos programas son totalmente gratuítos e non remunerados.
Os programas darán comezo en marzo deste ano e desenvolveranse nas instalacións do  Concello de Vedra.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
- Coa finalidade de dar a coñecer os programas e presentar as súas actividades celebrarase o martes 16 de febreiro de 2016 un encontro informativo ás 11.00  horas e outro ás 17.00 horas, no Centro Sociocultural da Terceira Idade de O Burgo.
- Data límite inscrición: martes, 16 de febreiro de 2016.
-  Concello de Vedra:
o       Persoas de referencia: Carmen Sabio e Cruz Vilas
o       E mail: carmen.sabio@vedra.dicoruna.es ou cruz.vilas@vedra.dicoruna.es
o       Tlf.: 699.041.486    (Mamen) ou 669.450.801 (Cruz)
- Acción Contra el Hambre:
o       Persoa de referencia: Susana Quintas
o       E mail: squintas@accioncontraelhambre.org

o       Tlf.: 630 639 649

No hay comentarios:

Publicar un comentario