V RUTA BTT e I TRAIL DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA


Na mañá do pasado domingo 15 de febreiro desenvolveuse no Concello de Vedra a V edición da ruta Cicloturística en Btt da Camelia polo Val do Ulla e a I ruta Trail da Camelia


V RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA


Na ruta cicloturística 350 participantes percorreron 39 km da xeografía do Concello de Vedra, desafiando ao mal tempo e gozando dunha excelente mañá de deporte e de gusto pola paisaxe.

Esta quinta cita reuniu o maior número de participantes posible, pois alcanzouse o límite de inscritos uns días antes de rematar o prazo e tivo que ser ampliado en 50 mais debido a demanda.



Todo un reto para unha proba que naceu xa fai cinco anos ca intención de mesturar deporte e paisaxe a través da programación das Xornadas Arredor da Camelia que terán no vindeiro domingo 22 de febreiro o seu prato forte.

Esta actividade  non foi competitiva, aínda así  cabe salientar os tres primeiros ciclistas en cruzar a liña de meta:
Categoría masculina:
- 1º clasificado: Darío Manuel Otero Pampín (01:48:03)
- 2º clasificado: Tino Puga Brea (01:57:46)
- 3º clasificado: Antonio Casal Martínez (02:00:11)
Categoría feminina:
-         1ª clasificada: Silvia Blanco Dosil (02:18:19)
-         2ª clasificada: Sonia Costoya Varela (02:30:43)
-         3ª clasificada: Anuska Vilas Pérez (02:34:53)

CLASIFICACION COMPLETA BTT:

Tras a proba a organización, a través do alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo, entragou os seguintes trofeos:
-         A club máis lonxano: Club do Mar Pulpeiro BTT – Mugardos
-         Club máis numeroso: Club Rodando Bike
-         Ao participante  masculino de maior idade: Bernardino Otero Bralo
-         Á participante feminino de maior idade: Silvia Calvo


I RUTA TRAIL DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
Este ano como novidade e completando esta xornada deportiva organizouse a Iª Trail da camelia, na que 117 corredores e corredoras atravesaron a pé 42 km do concello de Vedra.
Esta experiencia foi superada con éxito polas persoas participantes que ao rematar a proba falaban da súa dificultade e beleza por igual.




No I TRAIL DA CAMELIA VEDRA 2015 acadaron trofeo os tres primeiros clasificados en cada categoría:





Categoría masculina:
-         1º clasificado: Luís Castro Calvo (03:06:12)
-         2º clasificado: Lois Rodríguez Boga (03:09:39)
-         3º clasificado: Xosé Antón Barreiro (03:25:19)
Categoría feminina:
-         1ª clasificada: Victoria Fernández García (04:47:18)
-         2ª clasificada: María Fernández Vázquez (04:47:48)
-         3ª clasificada: Fátima López Dopico (05:20:49)

CLASIFICACION COMPLETA TRAIL:











Ao finalizar as probas e xa compartindo a experiencia entre todos, e acompañados por un merecido e reparador ágape, a organización celebrou varios sorteos entre todas as persoas participantes empregando o seu número de dorsal.
Listado dos premiados nos sorteos:
-                     1 CEA PARA DÚAS PERSOAS NUN RESTAURANTE DO CONCELLO:
Juan Manuel Gontan Otero
-                     1 NOITE DE ESTANCIA PARA  DÚAS PERSOAS NUNHA CASA RURAL:
Manuel José Caramés
-                     1 LOTE DE PRODUCTOS DA ULLA:
Oliver Regueiro Pena
-                     1 LOTE DE PRODUCTOS DA ULLA:
Benigno Varela Loureda

-                      1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR 3&RUN:
Jose Enrique Fernandez Araujo

-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR 3&RUN:
Manuel Vega Fraga

-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR OLIVEIRA BIKE:
Ait Rahou Lahcen

-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR OLIVEIRA BIKE:
Carlos Perez  Fernandez 

-                     1 KIT DE MATEMENTO DA MARCA FINISH LINE DONADO POR MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Oscar Fernandez Gonzalez

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Miguel Angel Martinez Vieiro

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Francisco Javier Dopico Lopez

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
César Fernando


A organización agradece a implicación de voluntarios e entidades que de moitos xeitos axudaron e contribuíron ao correcto desenvolvemento das probas que agardan volver a repetir e mellorar na seguinte edición, sen eles non sería posible.









No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada